Home / Actualidade / Novas / A Cooperativa de O Val e a Fundación Ter
A Cooperativa de O Val e a Fundación Terra de Trasancos únense ás entidades colaboradoras do Centro de Recursos Solidarios de Narón
13/10/2014
Catalina García, concelleira de Acción Social e Participación Social presentou en rolda de prensa xunto co presidente da Cooperativa do Val, Benito Castro e a xerente da Fundación Terra de Trasancos, Eugenia Méndez a colaboración de ambas entidades co Centro de Recursos Solidarios Narón (CRS). Esta colaboración consistirá na recollida de alimentos e roupa nas sedes da Cooperativa de O Val e da Cooperativa de Serantes, con destino ó CRS. A Cooperativa tamén doará o exceso de produtos da horta. No fogar de maiores Fundación Terra de Trasancos se realizará a recollida de roupa e, cara ó Nadal, tamén se recollerán xoguetes.
|

|
|