Os medios de comunicación avanzaron estes días a intención do Goberno do PP de seguir adiante coa Reforma da Lei Electoral para a elección directa de alcaldes. Nestes momentos, cando quedan nove meses para as próximas eleccións municipais esta reforma electoral se formula por parte do Goberno de forma oportunista e prepotente. Todo parece indicar que o medo a perder alcaldías é o motivo que impulsa a reforma que propón o Goberno de Rajoy. O partido maioritario non pode impoñerse á maioría formada por outras forzas políticas, que un 40% non é maioría absoluta, e que 5+2 son mais que seis. Mentres o PP non teña claro ese principio democrático, non hai negociación posible. Por todo o exposto o PSdeG-PSOE de Narón, somete para o seu debate e a súa aprobación se procede, a adopción dos seguintes ACORDOS: REXEITAR A MODIFICACIÓN DA LOREG QUE PROPON O PP PARA ELIXIR DIRECTAMENTE AOS ALCALDES E ALCALDESAS.
Arquivo Adxunto:
Descargar
Texto íntegro moción retirar modificación da LOREG
|
|