O que formulan na moción o BNG, sobre o dereito a decidir, é a secesión dunha parte do territorio español, e isto pode ser un anhelo, unha aspiración ou unha reivindicación política, pero non é un dereito, xa que non forma parte dos dereitos naturais e non lle son de aplicación os tres supostos recoñecidos pola ONU, situación colonial, ocupación militar e apertheid, tampouco é recollido pola Constitución Española de 1978.
A postura do Partido Socialista segue sendo a mesma dende o debate da Constitución de 1978, é dicir, considera que en España non se pode aplicar o dereito de autodeterminación, xa que España é o resultado de pactos que formaron o Estado a través da unidade das coroas e o pacto de Castela con Aragón.
Texto íntegro intervención moción superar modelo institucional do Estado Español