28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Mocións Municipais / Moción do PSdeG-PSOE sobre a Reforma Con

Mocións Municipais

Moción do PSdeG-PSOE sobre a Reforma Constitucional

26/06/2014

 

A recente abdicación do Xefe do Estado e a posta en marcha dos mecanismos institucionais previstos para a Sucesión á Coroa teñen aberto un intenso debate social, institucional e cívico sobre a continuidade ou non da Monarquía Parlamentaria e sobre a necesidade de que a cidadanía defina, de novo, a Forma de Estado para as próximas décadas.

 

É certo que estamos ante un Pleno Municipal e que o modelo de convivencia no Estado e a Xefatura do mesmo son asuntos tratados noutros ámbitos institucionais, pero non o é menos que o Salón de Plenos municipal é a casa de todos os cidadáns e cidadás e que o momento, a transcendencia do mesmo e o camiño a seguir no futuro esixen manifestar, con responsabilidade e claridade a nosa opinión.

 

Por todo o exposto o PSdeG-PSOE de Narón, somete para o seu debate e a súa aprobación se procede, a adopción dos seguintes ACORDOS:

 

1- O Pleno Municipal acorda enviar ás Cortes Xerais e ao conxunto das forzas políticas parlamentarias a proposta de iniciar un proceso de REFORMA CONSTITUCIONAL, no marco das previsións do propio texto, que alcance á arquitectura institucional,  os acordos territoriais e a blindaxe dos dereitos sociais.

 

2- A REFORMA e o consenso constitucional deben alcanzar, así mesmo, á Forma de Estado recollido no Artigo Primeiro do actual texto Constitucional.

 

3- Tal e como está previsto, o proceso de acordo debe ser referendado polos cidadáns e cidadás nun REFERENDO.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Texto íntegro moción Reforma Constitucional

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera