28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Agrupación / Actividades / Presentación Camiño Inglés

Actividades

Presentación Camiño Inglés

13/03/2014

 

No día de onte representantes da executiva local do PSdeG-PSOE de Narón acompañadas doutro militante presentaban na sede socialista a recuperación da actividade das andainas da agrupación local. Josefa Dopico e Susana García acompañaron a Carlos Montero para presentar o programa a desenvolver nos vindeiros meses. 


O primeiro recorrido comezará o último domingo do presente mes (30 de marzo), coa primeira das nove etapas en que Carlos Montero divide o CAMIÑO INGLÉS a Santiago, saíndo de Ferrol e rematando no Concello de Neda.


O horario de saída será como de costume ás 10.00 horas, dende o km. cero, situado no Porto de Ferrol, ata o albergue de Neda. O punto de encontró será diante da Autoridade Portuaria.


A actividade está aberta a toda a cidadanía, sen cota de inscrición, repartindo as credencias para acadar a Compostela, ao final do camiño, ás persoas asistentes. Así como tamén se repartirá información sobre o Camiño e o tramo en cuestión.


Ao remate da etapa  os/as participantes que estean interesados compartirán un xantar no concello de chegada (cada un pagará a súa comida que non excederá de 10 euros).
 

 

 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera