Hoxe 3 de cada 10 nenos e nenas, 2.800.000 persoas viven en España por debaixo do umbral da pobreza, e xa son 1 millón e medio as familias que viven en zonas de auténtica exclusión social. Os nenos son os máis vulnerables a sufrir as consecuencias da crise económica, converténdose no grupo de idade máis afectado pola pobreza no noso país.
Somos o segundo país da Unión Europea co maior índice de pobreza infantil, ao que temos que engadir o aumento da pobreza nos maiores e nun porcentaxe importante de xente que traballa e non gaña o suficente para escapar da pobreza. Temos que ter en conta que en moitos fogares son as pensións dos abos os únicos ingresos da familia e a todo isto temos que aumentar a disminución das prestacións sociais por parte do Estado.
As cifras da pobreza son espeluznantes e por iso o Goberno non quere que se coñezan e chama a atención que non se desplegase xa un plan de urxencia contra estas lamentables situacións e, especialmente, no que a alimentación dos nenos se refire.
En cumprimento de todos os dereitos dos desamparados é unha prioridade para nós neste momento.