28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Mocións Municipais / Moción do Grupo de Goberno do Concello d

Mocións Municipais

Moción do Grupo de Goberno do Concello de Narón para rexeitar a supresión dos partidos xudiciais

24/04/2014

 

O Goberno ven de anunciar a supresión dos Partidos xudiciais existentes en Galicia, para concentrar ós xuíces nas capitais provinciais e crear Tribunais de instancia. En Galicia esa medida suporá a desaparición de 41 partidos xudiciais e unha fonda alteración do funcionamento da xustiza, da accesibilidade dos cidadáns e dos custos derivados.

 

A unha cidadanía espallada no territorio, debe corresponder unha planta dos servizos públicos que facilite o achegamento dos cidadáns.

 

O Goberno do Estado paralizou  os procesos de modernización tecnolóxica, de posta en funcionamento da nova oficina xudicial e de creación de prazas; anunciou a modificación dos Rexistros Civís e promulgou unha nova lei de taxas, disuasorias pola súa contía e restritivas para as persoas con menos recursos.

 

Por todo o exposto Terra Galega, BNG, PSdeG-PSOE e  Grupo Mixto, somete para o seu debate e a súa aprobación se procede, a adopción dos seguintes ACORDOS:

 

· O Pleno do Concello de Narón insta á Xunta de Galicia  a reclamar do  Goberno de España o mantemento do partido xudicial de Ferrol.

 

· O Pleno do Concello de Narón esixe a dimisión do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Texto íntegro supresión partidos xudiciais

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera