28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Mocións Municipais / Moción do Grupo de Goberno do Concello d

Mocións Municipais

Moción do Grupo de Goberno do Concello de Narón sobre a reducción do IVE nas perruquerías

24/04/2014

 

As perruquerías son pequenos negocios formados, normalmente, por un/unha autónomo/a e ás veces por un/unha ou varios/as traballadores/as. O 85% deles rexentado por mulleres. É un sector que agrupaba no 2011 a 48.000 salóns, nos que, de forma directa, traballaban 120.000 persoas.

 

A crise económica que dende 2008 afecta ao global da economía tiña situado nese ano a moitos deles nunha situación comprometida, debido, sobre todo, á baixada de afluencia de clientes e ao menor número de servizos realizados.

 

Como consecuencia desta situación, moitos salóns víronse obrigados nese momento a realizar importantes axustes no seu nivel de prezos e, en consecuencia, na súa marxe de beneficios.

 

En setembro de 2012, aínda así, entrou en vigor unha nova medida xeral adoptada polo Goberno consistente en incrementar o IVE do sector do 8% (vixente ata o 31 de agosto de 2012) ao 21%.

 

As cifras xerais son moi preocupantes. Durante 2013 teñen pechado máis de 8.000 salóns de perruquería no Estado español e perdéronse 20.000 postos de traballo. As previsións para o 2014 apuntan a unha nova perda de 5.600 empresas e a outros 14.000 empregos directos. En dous anos este sector tense reducido un 28%, co conseguinte impacto colateral noutros sectores que, de forma indirecta, están relacionados con el (empresas de subministro de produtos, de aparatoloxía, de mobiliario, etc.).

 

Por todo o exposto Terra Galega, BNG, PSdeG-PSOE e  Grupo Mixto, somete para o seu debate e a súa aprobación se procede, a adopción dos seguintes ACORDOS:

 

1.- Instar á Xunta de Galicia a demandar diante do Goberno do Estado que volva a aplicar o tipo de IVE do 10% polos servizos de perruquería e anule o incremento ao 21%.

 

2.- Dar traslado do presente acordo ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Presidente do Estado e aos Grupos políticos do Parlamento de Galicia.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Texto íntegro reducción do IVE nas perruquerías

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera