O Camiño de Santiago aglutina características que o converten nun elemento destacado do noso patrimonio cultural. O seu significado relixioso, o seu interese cultural e o seu potencial turístico converten á Ruta Xacobea nun recurso cun potencial enorme para a xeración de actividade cultural e económica ao longo dos seus diferentes trazados. Lonxe da masificación doutros camiños, o Inglés é un trazado que actualmente discorre polas localidades recuperadas en virtude de documentos, escrituras e rexistros que facían referencia ás súas demarcacións ou ao paso e estancia de viaxeiros.
Non só os peregrinos ingleses optaban por iniciar as rutas desde as costas coruñesas cara a Santiago de Compostela, senón tamén escoceses, irlandeses, escandinavos ou flamencos, isto é, do norte e oeste de Europa.
Por todo o exposto o
PSdeG-PSOE de Narón, somete para o seu debate e a súa aprobación se procede, a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1.- O Pleno do Concello de Narón acorda propoñer á Deputación da Coruña para que leve a cabo con carácter inmediato o desenvolvemento dun plan de promoción turística, cultural e socioeducativa da Ruta Xacobea coñecida como “Camiño Inglés”, contando ca opinión dos Concellos concernidos. Este plan contemplará aspectos relixiosos, culturais e turísticos desde parámetros de excelencia, turismo responsable e accesibilidade.
2.- O Pleno do Concello de Narón acorda instar a Xunta de Galicia para que adopte as medidas necesarias para o correcto mantemento, limpeza e sinalización do “Camiño Inglés” no seu percorrido polos diferentes termos municipais dos Concellos concernidos.
3.- O Pleno do Concello de Narón acorda propoñer á Xunta de Galicia para que se establezan programas de cooperación transfronteriza entre o Goberno da Xunta e o Reino Unido así como cos países nórdicos, co fin de promocionar o “Camiño Inglés” a Santiago de Compostela, nas súas variantes desde A Coruña e desde Ferrol.