28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Mocións Municipais / Moción do PSdeG-PSOE sobre a corrupción

Mocións Municipais

Moción do PSdeG-PSOE sobre a corrupción nos diferentes estamentos públicos

27/03/2014

 

A extensión dos casos de corrupción e sospeitas nas principais institucións  do Estado, nos partidos políticos, entidades económicas e xudiciais, teñen convertido a profunda crise económica nunha crise de confianza no sistema democrático e político.

 

A cidadanía coñece día tras día novos casos de corrupción que producen unha gran inquietude, indignación e perda de confianza nas institucións, pois na maioría de partidos políticos temos a diario xente baixo sospeita, imputada, condenada... Todos estes episodios degradan e minan dun xeito irreversible a imaxe política, económica e xudicial, poñendo en perigo e en tela de xuízo a credibilidade da nosa democracia.

 

Por todo o exposto o PSdeG-PSOE de Narón, somete para o seu debate e a súa aprobación se procede, a adopción dos seguintes ACORDOS:

 

1.- Instar ao Goberno do Estado a que promova as proposicións e iniciativas lexislativas que sexan necesarias para loitar contra a corrupción, orientadas a obter transparencia e rexenerar o sistema democrático actual.

 

2.- Dotar dos medios necesarios á Administración de Xustiza para xulgar con eficacia e rapidez.

 

3.- Dar traslado desta moción ao Ministerio de Xustiza e Grupos Políticos no Congreso dos Deputados.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Texto íntegro corrupción estamentos públicos

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera