28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Mocións Municipais / Moción do Grupo de Goberno do Concello d

Mocións Municipais

Moción do Grupo de Goberno do Concello de Narón contra o desmantelamento do 065 do Servizo Galego de Transporte adaptado

27/03/2014

 

O Servizo Galego de Transporte Adaptado (065), que atende as persoas con discapacidade e dependentes, foi instaurado na Xunta de Galicia polo bipartito.

 

A partir do acceso do PP ao goberno da Xunta de Galicia, este servizo básico comezou a sufrir un deterioro constante que ten a súa culminación na decisión da Xunta de deixar de prestar o servizo para o traslado diario ou semanal das persoas dependentes ao centros onde van ser atendidas nas súas terapias.

 

Por todo isto o Grupo de Goberno do Concello de Narón solicita os seguintes ACORDOS:

 

1.    Paralizar o desmantelamento do Servizo do transporte adaptado do 065, coa retirada do proxecto de Decreto polo que regula o Servizo Galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes.

 

2.    Garantir o desprazamento regular das persoas dependentes e a mobilidade das persoas con maiores dificultades, co mantemento do citado Servizo nas condicións nas que ven prestando na actualidade, isto é, consonte establecido no Decreto 195/2007, de 13 de setembro, e demais disposicións legais que o teñen desenvolvido.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Texto íntegro desmantelamento 065

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera