28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Intervencións Concelleiros / Intervención de Mario Isasi no pleno do

Intervencións Concelleiros

Intervención de Mario Isasi no pleno do 27/03/2014 na moción do PSdeG-PSOE sobre a corrupción

27/3/2014

 

A grave e profunda crise que padecemos produce un desgusto social ao que temos que sumar os casos de corrupción pública ou privada dos últimos anos, de enriquecemento escandaloso, nunha mestura explosiva e de total descrédito dos políticos e as institucións.

 

Todos os grupos políticos temos que rexeitar calquera forma de corrupción sexan ou non nas nosas filas, temos que mostrar o noso rexeitamento a calquera comportamento que sexa contrario á Lei.

A política debe de ser unha tarefa exemplificante e exemplificadora. Por todo isto aquel que fose condenado por algún delito relacionado coa práctica política non só debe de ser incapacitado para exercela senón que tamén debe cumprir coa xustiza de forma íntegra, sen indultos nin ningunha outra vantaxe, agás a que estea estríctamente contemplada no ordenamento xurídico.

 

É un problema que non se pode fuxir porque está en xogo a propia saúde do sistema democrático.

 

Temos moito que facer para democratizar de verdade a nosa democracia, para que os valores e as calidades democráticas adornen a vida e a actuación dos responsables públicos e privados.

 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Texto íntegro intervención moción corrupción

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera