28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Mocións Municipais / Moción para pedir a volta de Navantia-Fe

Mocións Municipais

Moción para pedir a volta de Navantia-Fene á construción naval civil

27/02/2014

 

Fai doce meses que o Pleno do Concello aprobou por unanimidade unha moción en apoio da construcción naval na ría de Ferrol e onde se pedía a preparación do estaleiro de Fene para poder competir cando se levantase o veto e que a Xunta de Galicia tivese participación na xestión de Navantia, nun intento de salvagardar os intereses da nosa comarca.


Ante a  dificultade de conseguir contratos de novas construcións navais militares, volvemos a insistir en que cómpre preparar de urxenc ia este estaleiro para competir libremente no mercado a partir do 01 de xaneiro de 2015, data na que quedaría libre ataduras.

 

Navantia Ferrol-Fene foi durante moito tempo foi líder mundial e agora viuse relago ao terceiro posto, polas limitacións físicas e numéricas dos seus diques. A solución sería a construcción dun dique flotante, que ademáis de xerar carga de traballo local, potenciarías a capacidade da rendible división de reparacións na ría.


Por todo iso solicitamos ao Pleno do Concello de Narón a adopción dos seguintes acordos:


1. Esixir ao presidente do Goberno e ao ministro de Facenda e Administracións Públicos que sexan aplicadas, de xeito urxente, todas as medidas políticas, económicas e organizativas necesarias para que as intalacións do estaleiro de Navantia en Fene estean preparadas para volver á actividade de construcción naval civil, de forma efectiva e sen restricción ninguna, a partir do 1 de xaneiro de 2015, así como levar a cabo a construcción, en Navantia Fene-Ferrol, dun dique flotante axeitado para cubrir as necesidades a longo prazo da súa división de reparacións, e levar a cabo todas as medidas necesarias para dotar de carga de traballo.


2. Esixir ao presidente da Xunta de Galicia que poña todos os medios necesarios para que se cumpra, de forma efectiva na súa totalidade, especialmente no artigo 4º, a Lei 5/2010, do 23 de xuño, de fomento do sector naval de Galicia.


3. Comunicar os acordos adoptados aos grupos políticos integrantes do Congreso dos Deputados e Parlamento de Galicia, así como ao Comité de Empresa de Navantia.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Texto íntegro volta de Navantia-Fene á construción civil

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera