A suba das cotizacións aos autónomos é ilóxica e non ten outro afán que o recadatorio, esta suba castiga aos máis débiles, os autónomos e non ás grandes empresas.
Os autónomos máis prexudicados son os societarios que teñen máis de 10 traballadores contratados, porque as cotizacións aumentan máis dun 22%.
Moitos traballadores fanse autónomos á desesperada para atopar unha saída profesional e para volver ao mercado laboral.
As subas das bases de cotización dos autónomos non só non van contribuír á xeración de emprego nin van mellorar a empregabilidade dos traballadores, senón que polo contrario poden prexudicar a recuperación da actividade empresarial.
Se o aumento do IVE e a anulación das bonificacións á contratación xa supuxeron o peche de moitas pequenas empresas, agora co aumento das cotizacións sociais vai ser moito peor.
Texto íntegro intervención moción suba tributacións autónomos e pequenas empresas