A decisión de Sogama de subir o próximo ano o 33.5 % o canon aos municipios pola xestión e tratamento do lixo supón un lastre máis tanto para as economías locais como para a dos veciños.
O Concello de Narón terá que abonar 280.000 euros que pagarán os veciños xa que o concello non pode asumir esa cantidade.
Esta é unha decisión política cuxo obxectivo non é outro que subir o canon enerxético e suprimir a prima ás enerxías renovables.
Sogama só trata o 5% do lixo que chega á planta, mentras que o 30 % vai ao vertedoiro e o 65% se incinera.
Ademais que carácter voluntario de adscribirse a Sogama choca con que nos se poda instalar vertedoiros nos municipios sen permiso da Xunta.