28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Declaracións Instituc. / Declaración Institucional pola que se es

Declaracións Instituc.

Declaración Institucional pola que se esixe a destitución da Dirección de Navantia, S.A.

28/11/2013

 

A estrema gravidade da situación pola que están a pasar os estaleiros de Navantia na ría de Ferrol e que arrastra a toda a Comarca é ben coñecida.

 

Unha vez rematada a construción do segundo buque adquirido pola Armada australiana, a división de novas construcións non albisca encargo ningún.

 

A nova dirección de Navantia non logrou ningún novo encargo de construción para os estaleiros da Ría o que pon en cuestión a súa idoneidade para continuar rexendo os destinos de tan senlleira empresa, logo ademais das irresponsables declaracións  públicas efectuadas polo Sr. Revuelta nas que cualificaba de pouco competitivos ou obsoletos os modelos de buques ofrecidos por Navantia, torpedeando así posibles accións comerciais presentes e futuras.

 

Por todo o aquí expresado, solicitamos:

 

- Exixir ao ministro de Facenda e Administracións públicas a destitución inmediata do presidente da SEPI  e da dirección da empresa Navantia SA.

 

- Comunicar estes acordos á Federación Galega de Municipios e Provincias.

 

 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Texto íntegro declar. instit. destitución Dirección Navantia

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera