Dende o pasado 3 de xuño suprimíronse paradas e servizos de ferrocarril en Galicia e noutras Comunidades de España.
A supresión de viaxes e paradas intermedias fíxose sen a suficiente información aos usuarios, como se o Ministerio tratase de ocultar algo, nun principio 21 poboacións quedan desasistidas e 23 cunha soa parada ao día por na Comunidade Galega.
Na liña Ferrol-A Coruña, na comarca quédanse sen servizo, Neda, Perlío, Barallobre, Franza e Cabanas. Hai algún lugar onde solo hai un tren ao día para ir a Coruña e non ten tren para regresar na mesma xornada.
A supresión dos trens rexionais e de media distancia pon ao medio rural nunha situación delicada.
RENFE expulsa á xente do uso do tren, co modelo de xestión rexional e de media distancia que aplica en Galicia, é necesario adaptar a oferta de trenes e frecuencias ás necesidades dos usuarios, con horarios que incentiven o uso do tren.
Texto íntegro Invervención M. Ferrocarril