16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Intervencións Concelleiros / Intervención de Mario Isasi no pleno do

Intervencións Concelleiros

Intervención de Mario Isasi no pleno do 27/03/2013 na moción sobre a Reforma da Administración Local

27/03/2013

 

A denominada reforma da Administración Local non é unha reforma é unha demolición.


O que formula o Goberno Central é unha reforma ideolóxica coa que, en gran medida, se pretende a privatización e o desmantelamento dos servizos públicos que prestan os Concellos.


A iniciativa non presenta nin unha soa medida, para que os Concellos poidan colaborar para saír da crise, a reforma vai supoñer en cambio a perda de postos de traballo en servizos sociais, no ámbito da igualdade, da xuventude e en empresas públicas que xestionan os servizos entre outros.


Os Concellos de menos de 20.000 habitantes veranse fortemente afectados xa que se quedarán practicamente sen competencias.


¿Como é posible imaxinar a cada un dos veciños que vivan en pequenos municipios desprazándose á capital para realizar calquera xestión a través da Deputación?.


É unha reforma que non está pensada en beneficio dos cidadáns, polo contrario está pensada para favorecer os intereses duns cantos, ás empresas que fan negocio co diñeiro público,  a esas empresas que logo colocan aos amigos cando deixan de estar en política.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Intervención Moción Reforma Admón Local

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera