16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Mocións Municipais / Moción sobre unha nova regulación do Gob

Mocións Municipais

Moción sobre unha nova regulación do Goberno e a Administración Local

27/03/2013

 

No pleno celebrado o 27 de marzo de 2013 o PSdeG-PSOE e o BNG unificaron as súas mocións sobre o Anteproxecto de reforma local.

 

Á moción presentada polo PSdeG-PSOE diferenciábase do BNG tan só nun punto no que, estes últimos, solicitaban a supresión das Deputacións Provinciais.

 

Moción presentada polo PSdeG-PSOE:

 

Dende fai un ano o Goberno veu anunciando a súa intención de modificar as bases xurídicas que regulan o funcionamento das Entidades Locais.

 

O Consello de Ministros iniciou a tramitación dun Anteproxecto de reforma local que pon en xaque os fundamentos do municipalismo e con el, a base mesma dun modelo que garantiu a cohesión social do noso país durante os últimos 30 anos.

 

Todos somos conscientes da necesidade de aplicar o rigor, a austeridade e a eficiencia na administración dos recursos, pero en ningún caso, estes argumentos pódense utilizar como coartada para suprimilos ou encarecer servizos públicos. En lugar de asegurar os servizos mínimos que deben prestar os Concellos faise que periguen seriamente.

 

Con esta reforma miles de Alcaldes e concelleiros, que foron elixidos polos cidadáns nas furnas para gobernar nos seus pobos e cidades, xa non serán os responsables á hora de tomar as decisións e xestionar os servizos que deberían prestar dende os Concellos.

 

O goberno local nos pequenos municipios resultou unha eficaz forma de facilitar o exercicio dos dereitos dos nosos veciños, o acceso en condicións de igualdade a prestacións e servizos, non importando o lugar onde vivan, combatendo desta maneira a despoboación e o desarraigo no medio rural e promovendo un desenvolvemento rural sostible.

 

A proposta de reforma supón deslocalizar e afastar dos seus destinatarios, os veciños as competencias propias dos Concellos e prevén o traspaso de competencias e recursos financeiros ás Comunidades Autónomas e nos casos das competencias denominadas competencias “impropias” lonxe de asegurar a prestación dos servizos, serán suprimidas ao non ser prestadas por ningunha outra Administración. Por outra parte aqueles servizos que pasen á Deputación Provincial poderán ser privatizados co conseguinte aumento de taxas e prezos, que pagaran os cidadáns.

 

Outra das consecuencias mais alarmantes da aplicación desta Lei Local é que a través do desmantelamento do sector público local poñerán en perigo mais de 250.000 empregos públicos.

 

Por todo o exposto o PSdeG-PSOE de Narón, somete para o seu debate e a súa aprobación se procede, a adopción dos seguintes ACORDOS:

 

1.- Reafirmar a autonomía local e a transcendencia do papel dos Concellos.

 

2.-Transmitir aos Concellos e aos seus habitantes, especialmente dos municipios mais pequenos o noso apoio e recoñecemento.

 

3.- Solicitar a retirada por parte do goberno do Anteproxecto de Lei para a racionalización e sostibilidade da administración local.

 

4.- Abrir un proceso de negociación con todos os grupos parlamentarios e coa FEMP.
 
5.- Dar traslado deste acordo ao Goberno de España, ao Goberno da Xunta de Galicia, aos Grupos Políticos do Congreso, das Cortes e do Parlamento Galego e á Xunta de Goberno de la FEMP e da FEGAMP.

 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Texto íntegro Moción Admón. Local

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera