16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Actualidade / Novas / Presentación dos orzamentos do 2013 do C

Novas

Presentación dos orzamentos do 2013 do Concello de Narón en Doso

11/03/2013

 

O 11 de marzo de 2013 tivo lugar unha reunión en Doso (organizada dende a Concellería de Participación Cidadá) para presentar os orzamentos do Concello deste ano, á que asistiron veciños/as da parroquia.


Demandas e comentarios:


•  Queixa pola falta de asistencia do alcalde e do concelleiro "da zona" e demanda dunha visita coa veciñanza para a valoración dos defectos viarios e necesidades de sinaléctica.


•  Mal estado na estrada de Casanova, importantes fochas. Revisar se está contemplada esta obra no apartado de "reparacións" (a queixa vén motivada porque non se detalla entre o listado de investimentos previstos do POS 2012/2013).


•  Obsérvase que non hai acordo entre as persoas asistentes entre as prioridades á hora de reparar as estradas (AVV e grupo de cidadáns). A VV aclara que as obran que se demandan dende a entidade son as que vota a maioría na asemblea (en relación á baixa afluencia de socios/as) e papel do consello territorial para a busca dun maior consenso na elaboración de prioridades.


•  Ponte de Vieiras, sinal de preferencia clara.


•  Valla de seguridade cara o descenso ao río.


•  Fonte pública que dea subministro de auga en Santá e zona próxima, con serventía ou acceso.


•  Maior información e detalle sobre o proxecto de saneamento e os efectos da contaminación das fosas sépticas (sen tratamento) nas terras.


•  Moi perigoso no cruce da Braña, dado o límite de velocidade estipulado en 70 km/h, cando debería ser inferior (50 km/h).


•  Demandan información sobre as respostas da Xunta de Galicia en relación aos trámites efectuados dende o concello referentes á regulación de tráfico (incluso silencio e demoras).


•  Glorieta cun deseño erróneo na que xa se teñen contabilizado 12 accidentes, moitos sinistros totais de vehículos.

•  Entenden que non hai unha motivación suficiente para impedir o xiro á esquerda e que é preciso corrixilo. Ademais está pechado o paso a pé na zona. Solicitan ao concello que interveña neste problema ante outras administracións.


•  Visita da policía local e persoal técnico para a redefinición dos xiros e cruces na estrada (acceder á esquerda).


•  Demanda relativa á celebración das xuntanzas informativas sobre o orzamento con anterioridade á aprobación do mesmo (papel dos consellos territoriais)
 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera