16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Actualidade / Novas / I Xornada de cooperación, participación

Novas

I Xornada de cooperación, participación cidadá e interculturalidade de Narón

01/03/2013

 

A xornada comezou cunha mesa redonda que versou sobre o tema “A crise e a inmigración”, a Concelleira de Acción Social, Catalina García Blanco, foi a encargada de moderala.

 

A primeira en intervir foi a profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Mar Lorenzo Moledo, quen afirmou que fai 20 anos existían países emigrantes e outros receptores, pero que actualmente hai países nos que os seus habitantes vense abocados a emigrar e ao mesmo tempo reciben poboación inmigrante, a isto chámase "Paradoxa migratoria". Ademais sinalou que actualmente a emigración é feminina, é dicir, son as mulleres as que emigran.

 

O seguinte en intervir foi o médico de atención primaria, Carlos Piñeiro, quen manifestou que para que a sanidade sexa sostible, esta require máis ingresos e non recortes. Po outra banda remarcou que dende o 01/03/2013 a asistencia sanitaria só é para asegurados; a partir de agora os inmigrantes sen seguro médico deberán pagar 68.9 € pola primeira consulta e 34.45 € polas sucesivas.

 

Finalizou as intervenciós a avogada Teresa Álvarez Villaverde, quen aseverou que Galicia pasou de ser un país receptor a ser un país emigrante. A avogada explicou diferentes rexímenes administrativos, tipos de residencias, procedimentos sancionadores, etc.

 

A xornada rematou cunha degustación de comidas típicas de diferentes países ao mesmo tempo que se podía disfrutar da actuación do grupo de danza “Galu Reranga”.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera