16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Actualidade / Novas / Presentación dos orzamentos do 2013 do C

Novas

Presentación dos orzamentos do 2013 do Concello de Narón en O Val

26/02/2013

 

O 26 de febreiro de 2013 tivo lugar unha reunión en O Val (organizada dende a Concellería de Participación Cidadá) para presentar os orzamentos do Concello deste ano, á que asistiron as seguintes entidades : AVV Irmandiños do Val, SD Irmandiños, Zarabanda, En Forma, Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa do Val

 


Peticións e consultas:


•  Solicitude de explicación dos orzamentos municipais antes de aprobalos, co obxecto de que a veciñanza poida realizar achegas e facer propostas; cumprindo a folla de ruta do Regulamento de Participación Cidadá. Solicitude de axilidade na creación de estruturas de participación cidadá (consellos territoriais que recollan e debatan as demandas de zona).


•  Maior información sobre a contía e as competencias de cada administración.


•  Queixa sobre a subida de impostos e baixada de salarios, pensións e nivel adquisitivo da cidadanía.


•  Solicitude de creación dunha rede de comedores sociais, ou algún equipamento neste sentido para adultos/as.


•  Solicitude de proxecto de ocupación de vivendas baleiras dirixidas a familias en procesos de desafiuzamento.

    Información sobre inmobles propiedade de entidades bancarias e impago do IBI.


•  Estrada de Ciobre en mal estado.


•  Estrada que accede á Santa Margarita dende a estrada de Río do Pozo asolagada e impracticable cando chove.


•  Estrada á altura de "Madeiras Fernández".

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera