16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Actualidade / Novas / Presentación dos orzamentos do 2013 do C

Novas

Presentación dos orzamentos do 2013 do Concello de Narón en Castro

21/02/2013

 

O 21 de febreiro de 2013 tivo lugar unha reunión en Castro (organizada dende a Concellería de Participación Cidadá) para presentar os orzamentos do Concello deste ano, na que participaron veciños/as da entidade veciñal
 
As preguntas, aclaracións, solicitudes e manifestacións realizadas polos asistentes versaron sobre tres temas

En relación a obras:
 
•  Consulta sobre a empresa concesionaria para a realización de obras do POS, xa que dan referencias negativas da anterior
 
•  Denuncia por rexistro da AVV Castro relativa á senda peonil, sen entradas ás fincas
 
•  Planificación á hora de aglomerar e asentar firmes nas estradas sen enganches e canos do saneamento

•  Aclaracións sobre o debate plenario relativo ao orzamento das obras de San Mateo, programadas no 2008 e incongruencias nas aseveracións dos     responsables políticos da corporación sobre as contías, asignacións orzamentarias e execucións
 
•  Solicitan obras de calidade a longo prazo e responsabilidade clara nas deficiencias das mesmas
 
•  Comentarios sobre o nivel de investimento e gastos relativos ao mantemento do Pazo da Cultura
 
En relación ao saneamento e depuración da ría:
 
•  Pregunta sobre a inspección da UE referente ao saneamento da ría
 
•  Manifestan que a construción da depuradora é prioritaria, antes das obras de saneamento e realización de novos enganches; comentando a insumisión ao pago de impostos locais como medida de presión
 
Ligados ao proceso de participación cidadá:
 
•  Temas nos que solicitan a participación cidadá e facer achegas dende a veciñanza: amplicación do polígono, obras en xeral de mantemento e mellora de viais, instación de novos tramos de sanemento
 
•  Queixa pola demora na implementación de estruturas de participación recollidas no Regulamento de Participación Cidadá
 
•  Pregunta sobre o acado, cometido dos consellos territoriais e nivel de compromiso ou carácter vinculante das demandas cidadás

•  Pregunta sobre os temas que se poderán levar ao Consello Xeral de Participación, prioridades por temas e por zonas
 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera