16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Actualidade / Novas / Presentación dos orzamentos do 2013 do C

Novas

Presentación dos orzamentos do 2013 do Concello de Narón en Piñeiros

18/02/2013

 

O 18 de febreiro de 2013 tivo lugar unha reunión en Piñeiros (organizada dende a Concellería de Participación Cidadá) para presentar os orzamentos do Concello deste ano, na que participaron veciños/as de Areosa, Club de Ancianos e AFAES Porta Nova

Comentarios e solicitudes:


•  Solicitude de 1 contedor no aparcamento, enfronte do local

•  Solicitado 1 paso peonil dende agosto de 2012 por rexistro xeral, que limitaría a velocidade neste tramo no que se dan varios cambios de sentido (Explícanse as xestións realizadas dende o concello coa Xunta de Galicia)

•  Edificio nº 617 da Estrada de Castela, pertencente a unha entidade bancaria con vallas deterioradas que poden provocar accidentes. Explícase que está aberto o expediente (xulgado determinará o acceso ou non á propiedade para intervir)

•  Terrazos en mal estado nas beirarrúas relativas e próximas ao paseo marítimo, zona moi transitada por peóns. A veciñanza comprométese a confeccionar un listado de deficiencias para o seu mantemento e achegalas ao concello para facilitar o labor de inspección do departamento de servizos (con escasez de persoal)

•  Obradoiro de madeira en mal estado ao inicio da rúa María Soriña, abandonado e en perigo de derribo; incendios no ano 2012 e vivendas a 3 metros. Solicitan que o concello interveña para poder acceder á propiedade para a súa limpeza

•  Comentan a necesidade de construción dun parque infantil na zona

•  Limpeza da maleza na parcela de Autos Paco no caso de ser de propiedade municipal

•  Arreglo da zona da rampa de terra para un xardín e adecentar a zona, actualmente con terra e barro; proximidades local

•  Un veciño asistente, con propiedades na parroquia de San Xiao, no camiño da Revolta solicita que o concello pode unha árbore nunha propiedade privada contigüa á súa finca

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera