28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / O Concello de Narón / A cidade de Narón / A oitava cidade de Galicia

A cidade de Narón

A oitava cidade de Galicia

Narón é un concello galego da provincia da Coruña, situado na ría de Ferrol que pertence á comarca de Ferrolterra. O seu territorio ten uns 66'91 km2, e debuxa un perímetro irregular dende Ferrol ata a parroquia do Val; nas parroquias de Sedes e Pedroso o Monte dos Nenos (maior altura de Narón) forma o peche septentrional do concello; na marxe meridional destaca o pequeno couto que da nome á parroquia onde se sitúa.

 

O concello ten unha poboación de 39238 no 2012, polo que se sitúa nos oito concellos máis poboados de Galicia, sendo a cuarta cidade na provincia da Coruña tras A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

 

É un concello  con sete parroquias rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e por un núcleo urbano formado polos barrios da Gándara, A Solaina, Alto do Castiñeiro, O Couto, Freixeiro, O Feal, Piñeiros, O Ponto e Xuvia, destacando pola súa poboación os da Gándara, A Solaina, Alto do Castiñeiro e Piñeiros.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera