Existen varias áreas recreativas coma a do muíño de Pedroso, que conta tamén con camping, ademais do da Picota, no Couto e a Presa do Rei en Xuvia; e un parque urbano ás beiras do río Freixeiro, onde se está a construír unha das meirandes urbanizacións de toda a comarca, que incluirá o terceiro centro comercial do municipio. Os outros centros comeriais son Odeón e o CC Narón. No CC Odeón hai moitas tendas de famosas cadeas de roupa (Inditex e Cortefiel), varios restaurantes e cafetarías, así como 12 salas de cine.
Ao redor do CC Odeón e ao longo da Estrada de Castela hai multitude de pubs e cafeterías cheas calquera fin de semana.