O Concello conta cunha grande oferta de equipamento cultural, xa que dende o ano 2007 conta cun dos maiores teatros e centros culturais de toda Galiza, o Pazo da Cultura, ademais de contar cunha biblioteca e un museo etnográfico na parroquia de Sedes sobre a típica vida labrega nesta comarca do país, Aldea Nova.
Narón ten un equipo de fútbol na terceira división e celébrase un famoso rallye do certame galego. Ademais, en Narón practícanse moitas disciplinas deportivas, como se demostra na gala anual do deporte.