29 de outubro de 2020

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / ¡¡Afíliate!! / Campaña de Afiliación / Campaña de Afiliación

Campaña de Afiliación

Campaña de Afiliación

¿Quen somos?

 

Homes e mulleres de principios, constructores de igualdade, comprometidos coa liberdade, a paz e a organización solidaria da sociedade.

 

Somos os herdeiros da mellor tradición socialista, socialdemócrata e galeguista que promoveu e impulsou a recuperación da democracia e o autogoberno de Galicia.

 

Xente coma ti, abertos ao progreso e á innovación no xeito de facer política, na procura de solucións para dar satisfacción ás necesidades e demandas reais da cidadanía.

 

¿Que queremos?

 

Os nosos retos son a conquista dun futuro mellor para todas e todos, unha sociedade máis xusta, máis integrada, con maior benestar social, con mellor calidade de vida. Ambicionamos un país aberto e plural, moderno, comprometido co progreso e coa igualdade de oportunidades.

 

Un proxecto de cambio protagonizado por tódolos galegos que senten a necesidade de contribuír ao avance dunha Galicia máis xusta e solidaria, máis moderna, competitiva, culta e innovadora.

 

¿Cómo participar neste proxecto?

 

Tes nas túas mans a oportunidade de contribuír ao cambio necesario. Contacta coa nosa Agrupación Local ou co Grupo Municipal Socialista e colabora nas tarefas políticas da nosa organización.

 

Existen moitos xeitos de participar no proxecto do PSdeG-PSOE. Pódesnos achegar a túa libre participación a través do correo electrónico: cercadeti.psoe.naron@gmail.com, ou ben facerte simpatizante, e colaborar na vida orgánica e na acción política do partido.

 

As Áreas Sectoriais son a canle idónea de participación no proxecto do partido para profesionais, especialistas e axentes sociais de caracter progresista que queren traballar nun marco funcional e flexible.

 

¿Queres decidir ti? Afíliate.

 

Os afiliados e afiliadas do PSdeG-PSOE participan activamente no traballo interno e nas campañas externas do partido. Ser afiliado ou afiliada permite participar con voz e voto nas reunións e asembleas da Agrupación Local ou sectorial correspondente e decidir sobre a elaboración dos programas electorais, a elección de candidatos e candidatas e os órganos de dirección do partido.

 

Para afiliarte pasa polo local da agrupación socialista de Narón situado na rúa Cristóbal Colón nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Fax: 981387609


 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Ficha de Afiliación

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera