28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Eleccións / E. Xerais 2008 / Presentación de candidatos ao Senado e a

E. Xerais 2008

Presentación de candidatos ao Senado e ao Congreso

02/02/2008

 

0 02/02/2008 tivo lugar a presentación de candidatos ao Senado e ao Congreso nun acto celebrado no centro Carvalho Calero. Acudiron César Antonio Molina, Emilio Pérez Touriño, varios conselleiros e candidatos da comarca por Coruña ao Congreso e ao Senado.

Contou coa apertura do Aalcalde ferrolano, Vicente Irisarri, que definiu ao candidato da comarca ao Congreso como un "replicante" ao que "no hay puerta que se le resista ni despacho que se le cierre" e refiríuse tamén á candidata ao Senado por Ferrol, Sandra Ríos, "joven, consecuente, formada, la mujer que necesita Galicia". Irisarri abogou por unha campaña "a tumba abierta, sin dosificaciones y en la que hay que mojarse".

As verbas do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, aludiron a un Ferrol “que avanza como non o fixo nos últimos 25 anos” e para o que , dende o PSOE, se prometeron e cumpliron cousas como "a carga de traballa para os asteleiros, o paso do hospital naval ó Sergas, a recuperación da praza de España para un urbanismo sostible ou a segunda fase do porto exterior".

O Ministro de Cultura e número un ao Congreso pola provincia de A Coruña, César Antonio Molina, recoñeceu que a Galicia, á provincia e á comarca de Ferrol "le ha venido muy bien Zapatero", sinalando que Galicia viveu a mellor etapa da súa historia. "Nunca hubo más empleo, más crecimiento económico y nunca tanta inversión y política social como con este gobierno", indicou.

Xavier Carro aludeu aos 617 millóns de inversión na comarca, 1.100 euros por habitante en 2008, a un Plan Ferrol que en tres anos invirteu 506 millones e aos 692 postos de traballo directos creados. O diputado en funcións agradeceu a "Emilio" o Plan Ferrol así como aos empresarios, Cámara de Comercio e sindicatos "por crer en nós cando non éramos nada".

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera