16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Intervencións Concelleiros / Intervención de Catalina García no pleno

Intervencións Concelleiros

Intervención de Catalina García no pleno do 31/01/2013 na moción do Grupo Mixto sobre os defraudadores

31/01/2013

 

O grupo do PSdeG, móstrase a favor da moción presentada dende o Grupo Mixto porque consideramos que o fraude fiscal é un feito delictivo que hai que perseguir con todos os instrumentos que nos proporciona o Estado de Dereito.

Dende o PSOE de Narón nos seguimos preguntando, cómo dende o Goberno Central se fai unha amnistía fiscal primeiro, e logo se quere perseguir ós defraudadores e defraudadoras.

Dende o Grupo Socialista entendemos que se modifica a Lei Xeral Tributaria para poder facer pública unha lista das e dos seus maiores morosos e defraudadores, en plan aviso a navegantes e escarnio público.


De feito, esta medida  parece que vai na mesma liña que a de levar actuacións inspectoras “sonoras” contra persoeiros notorios ou públicos, que finalmente, se limitan a publicar e informar nos medios de comunicación, xa que a xustiza parece “selectiva” á hora de investigar e depurar ou aplicar responsabilidades.

Non quero rematar a miña intervención, sen engadir que dende o PSdeG-PSOE de Narón, esperamos que cas mesmas intencións que se leva a cabo isto, se poidan tamén facer públicos, por exemplo, os nomes de persoas maltratadoras, de pederastas, violadores; porque postos a evidenciar e a poñer medidas de contención, pois si os cartos son importantes, as persoas sono moito máis.


 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Intervención moción Grupo Mixto sobre defraudadores

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera