Terra Galega e PSOE firmaron na mañá de onte un pacto de goberno. A rúbrica, non exenta dun certo hermetismo, tivo lugar a última hora da mañá nun encontro no que participaron Xosé Manuel Blanco e Guillermo Sánchez Fojo, por parte de TEGA, e Catalina García e Mario Isasi, en representación do PSOE. O equipo de goberno quedou así conformado, un día antes de celebrarse o tradicional pleno de investidura, por dez edís, oito de TEGA e dous socialistas. Pero este
bipartito naronés podería converterse en cuestión duns días en un goberno tripartito, contando cos dous concelleiros que obtivo o BNG e sumando en conxunto as tres formacións un total de doce edís, o que lles permitiría gobernar no Concello con maioría.
Ni o portavoz de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, ni a do PSOE, Catalina García, quixeron onte pronunciarse sobre o mencionado pacto