Dadas as queixas trasladadas dalgúns veciños pola pouca seguridade e a mala sinalización dos pasos peonís de todo o Concello. Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Narón, co fin de mellorar a seguridade dos peóns dentro do municipio, consideramos que é necesario que se proceda á mellora da sinalización, reubicación e, sobre todo, á mellora da iluminación específica dos diferentes pasos peonís nas rúas do municipio de maneira que os peóns se sintan máis seguros a hora de facer uso dos mesmos.
Por todo elo, SOLICITAMOS:
1.- Que se proceda a mellora da sinalización de todos e cada un dos pasos de peóns do municipio.
2.- Que se proceda a reubicación de aqueles pasos peonís que poidan ser perigosos para os peóns.
3.- Que se proceda a iluminación de maneira específica de todos e cada un dos pasos peonís do municipio.