28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Eleccións / E. Municipais 2011 / Veinte partidos concurren as eleccións m

E. Municipais 2011

Veinte partidos concurren as eleccións municipais do 22-5-11 na comarca de Ferrolterra

25/04/2011

 

Vente partidos concorren ás eleccións do 22 de maio. PP, PSOE e BNG están en tódolos municipios; Esquerda Unida, en seis; Terra Galega solo en dous (Cedeira e Narón) e no seu lugar aparece Converxencia Galega (con seis listas) en concellos conquistados fai catro años por Tega e con candidatos procedentes desa formación, como Neda e Valdoviño. PP, PSOE, BNG, EU, Tega e CG solo coinciden xuntos en dos concellos: Narón e Cedeira.


En Ferrol optan sete listas; seis en Cedeira, Narón e Valdoviño; cinco en Cabanas, Moeche, Mugardos, Neda e Pontedeume; catro en Ares, A Capela, Fene, Monfero e Ortigueira.

Os electores das tres comarcas, Ferrol, Eume e Ortegal, terán para elixir nos seus respectivos municipios entre tres e sete listas, segundo o Concello ao que pertenzan. Os que contan cun abanico máis amplo son os ferroláns, onde concorren ás eleccións sete partidos, seguidos dos cedeireses, naroneses e valdoviñeses, con seis; Cabanas, Moeche, Mugardos, Neda e Pontedeume  con cinco; Ares, Capela, Fene, Ortigueira e Monfero con catro e Cariño, Cerdido, Mañón, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior con tres, xa que PSOE, PP e BNG estarán en tódolos concellos.

Curiosamente, a continuación das tres formacións que presentan listas en tódolos municipios está Converxencia Galega, que concorre por primeira vez a unhas eleccións locais e cuio presidente é o exalcalde naronés Juan Gato, partido que se presenta en seis concello: Neda, Cedeira, Ferrol, Moeche, Narón e Valdoviño. De feito, CG leva nas súas filas a  un bon número de seguidores de Terra Galega, o partido no que militaba Gato con anterioridade, y que pasou de presentar candidaturas en sete concellos no 2007 a facelo agora únicamente en dous, Narón –onde está ao fronte do Concello con Xosé Manuel Blanco á cabeza– e Cedeira, onde axudou a gobernar durante este mandato e mantén ao mesmo cabeza de lista, Xermán Tobío. Terra Galega chegou a ter, tralas últimas eleccións locais, tres alcaldías, la de Narón, Neda e Valdoviño e solo Blanco se presenta como candidato. Tamén o fai o actual rexidor municipal nedense, José Ignacio Cabezón, aínda que nesta ocasión polo Partido Popular.

Esquerda Unida presenta candidatos en catro concellos: Ferrol, Cedeira, Fene e Mugardos e irrompe no panorama municipal Unión Progreso y Democracia (UPyD), que por primeira vez presenta lista na comarca e que elexiu para o seu estreo Ferrol.

Polo que se refire aos independentes, mantense o número de candidaturas con respecto aos comicios de 2007, aínda que  algunhas desapareceron e xurdiron outras e agora se presentan en dez municipios fronte aos oito de entón.
En Ares non estará Unión por Ares, pero sí Nueva Alianza, cuio líder Luis Cendán, se medirá de novo co seu irmá xemelgo, Manuel Cendán –que se presenta polo PP–, ademais do resto dos candidatos. Cabanas mantén Iniciativa Vecinal Cabanesa e la Agrupación de Electores de Cabanas. En Mugardos desaparecen tanto Acción por Mugardos como Independientes por Mugardos, pero nace Mugardos na esquerda. Centristas de Valdoviño continúa, pero non o fai Unión de Independientes de Valdoviño, aínda que  se presenta outra forza independente: Unidos por Valdoviño.

En Pontedeume tampouco confeccionou lista o Círculo de Opinión Eumés, pero  mantense Independientes en Pontedeume e concorre por primeira vez o Grupo Pontedeume Siglo XXI.

En Ortigueira mantense o Partido de los Independientes Orteganos en Ortigueira e os Independientes do Concello de Monfero, así como os xa históricos Independientes por Ferrol, pero ademais xurden a Agrupación de Electores Progresistas por Moeche –que lidera o exalcalde do Partido Popular Xulio Cribeiro– e a Alternativa Independiente de A Capela no municipio do mesmo nome.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera