Sabías qué…?
• A Xunta do PP non asume a xestión dos comedores escolares, sendo da súa competencia, e ocasiona máis gasto ó concello?
• Nos presupostos da Xunta do PP para este ano Narón vai recibir cero euros de inversión?
• Os recortes do PP na Estrada de Cedeira perxudican a máis de 30 empresas do Polígono das Lagoas favorecendo intereses particulares?
• O PSOE de Narón ten solicitado a revisión e modificación do pintado da Estrada de Castela, creación de novos pasos peonís e mellora de sinalizació e iluminación dos que xa hai?
• O PSOE de Narón ten solicitado no Concello máis dun centenar de actuacións de mellora nos distintos barrios, despois da última visita ás parroquias?
• A Concelleira de Deportes asina convenios a medida dalgunha entidade para que teña en exclusiva o uso de instalacións públicas?
• A incompetencia do Concelleiro de Servizos fai que os colectores soterrados sigan sen poderse utilizar?
• A Concelleira de Participación Cidadá afirma que a xestión dos Locais Sociais corresponde ás Asociacións de Veciños, pero iso non é así en todas as parroquias?
• O concello de Narón é no que menos se vota de toda Galicia cando chegan as eleccións?
• O 22 de maio serán as Eleccións Municipais, e que é importantísimo que participes para cambiar e mellorar o noso Concello?