28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Eleccións / E. Municipais 2011 / Presentación da candidatura do PSdeG-PSO

E. Municipais 2011

Presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Narón ás eleccións municipais do 22 de maio de 2011

09/04/2011

 

Onte na presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Narón, a candidata á alcaldía, Catalina García Blanco, insistiu en centrar o debate nos Concellos, asegurando que “agora toca municipalismo”. Arremeteu contra a candidatura de Terra Galega sinalando que son “a mesma xente que hai 25 anos”, sen “proxecto de futuro, ilusión nin ideas” e acusounos de xestionar durante estes catro anos “dun xeito escuro, amiguista e caciquil os recursos do Concello”. Sobre Xoán Gato, presidente de Converxencia Galega e exalcalde de Narón, García Blanco criticou que “no seu afán de protagonismo xogou a ser presidente da Xunta pero estrelouse no seu intento, e abandonou ao seu equipo”, acusándoo agora de tratar de danar “aos compañeiros que deixou no Concello”. A xestión transparente dos recursos, a participación cidadá, o consenso en torno a un novo Plan Xeral de urbanismo e a cohesión social foron algúns dos obxectivos que a cabeza de lista marcouse para os próximos catro anos.


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera