O conxunto escultórico emprazarase entre a rúa Santa Tecla e a nova zona residencial da promotora Epaat.
A comisión de Actividade Social do Concello de Narón, reunida esta mañá de xeito informal, acordou aprobar por unanimidade a ubicación no Alto do Castiñeiro do novo Monumento ás Vítimas do Terrorismo. Concretamente, o novo conxunto escultórico emprazarase na coñecida como Praza de Tranvías, entre a rúa Santa Tecla e a nova área residencial promovida pola inmobiliaria Epaat.

Segundo subliñou a voceira do grupo municipal do PsdeG-PSOE no consistorio naronés, Catalina García Blanco, a proposta, presentada polos socialistas, impúxose á que inicialmente avalaba o grupo de Terra Galega. O partido que asume en solitario as tarefas de goberno suxeriu inicialmente a súa instalación nas proximidades da área infantil do parque fluvial do río Freixeiro. Non obstante, a súa iniciativa foi retirada.
Con esta proposta, García Blanco considerou que, ademais de render homenaxe ás vítimas do terrorismo, “dignifícase a zona”, que definiu como “unha das entradas ao casco urbano con máis tráfico peonil e rodado”. Ao mesmo tempo, lembrou que esa contorna vai incorporar aínda máis poboación nos vindeiros anos.
A realización dunha homenaxe a todos aqueles que se viron afectados pola barbarie terrorista parte dunha proposta aprobada no ano 2008 no Concello. Iso si, houbo que agardar ao pasado mes de febreiro para concretar a idea nunha comisión informativa, que trasladou á xornada de hoxe a súa aprobación definitiva.