17 de xaneiro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Histórico / Ano 2011 / Os socialistas apoian o plan especial de

Ano 2011

Os socialistas apoian o plan especial de Freixeiro para poñer en marcha o novo centro de saúde de Narón

25/02/2011

 

O grupo socialista critica que TEGA e BNG non respalden a concesión dun espazo para unha nova asociación do Val
O plan especial de dotacións de Freixeiro, o fomento do movemento asociativo ou a nova lei de apoio ás familias promovida pola Xunta foron algúns dos temas debatidos onte no pleno ordinario do Concello de Narón, en torno aos que se pronunciou o grupo socialista.
Así, a corporación aprobou o documento validado previamente pola Xunta que permite a modificación urbanística precisa para construir o novo centro de saúde. Na sesión, Catalina García Blanco, voceira do grupo do PsdeG-PSOE, lembrou que, no seu momento, os socialistas propuxeron que a infraestructura se asentase na zona de Amenadás.


O equipo técnico responsable do proxecto ratificou que o centro presentaría inconvintes en canto á súa comunicación por transporte público nese emprazamento, ao non poder facer fronte a un servizo de autobuses que o comunicase con outros barrios e parroquias.


O grupo socialista respaldou onte este punto, tal e como xa se comprometera previamente ao traverso dun acordo para a construcción do novo centro de saúde, a proposta do PSdeG-PSOE, co grupo de goberno de Terra Galega.

 

Movemento asociativo
A reunión ordinaria do consistorio naronés tamén serviu para poñer sobre a mesa unha moción conxunta do PsdeG-PSOE e do PP en torno á situación acontecida na parroquia do Val, onde unha nova entidade deportiva solicitou, sen éxito, un espazo no local social para poder desenvolver as súas actividades.
García Blanco, voceira socialista, destacou que a responsable da área de participación cidadá afirmou no Consello Territorial do Val que a creación de asociacións “divide á poboación”, ademais de propoñer que a entidade se integrase noutra adicada á práctica do fútbol o una propia Asociación de Veciños.


Os socialistas critican “a maneira de pensar e de actuar” do grupo de goberno, por considerar que “cantas máis asociacións haxa, máis nos enriquecemos”. Do mesmo xeito, foron críticos coa abstención do BNG neste punto.


En opinión dos socialistas, o local non presenta problemas para dar cabida a outra asociación. Tal e como lembrou a voceira, “o alcalde reiterou que a xestión dos locais son asunto das asociación de veciños”, opción que rexeitan. Así, consideran que tería que mediar o Concello e “tratar a todas as asociacións por igual”.
No pleno estivo presente un grupo de veciños, “que fixo patente o seu malestar ante a postura de TEGA e BNG”, dixo García Blanco.

 

Lei de Apoio ás Familias
Os socialistas levaron ao pleno ordinario outra moción, na que amosaban o seu rexeitamento á nova Lei de Apoio ás Familias, que desenvolve a Xunta. Ao seu xuízo, con este texto “vólvese douscentos anos atrás”, por deixar “á muller adicada á familia e a coidar dos fillos”.

Na súa opinión, o goberno galego “ten que promover colexios, escolas infantís  e comedores”, para “conciliar a vida laboral e familiar”. Subliñan que a nova lei supón “un paso atrás enorme”. A iniciativa foi aprobada, co único voto en contra do Partido Popular.

 

Outros puntos
De igual xeito, os socialistas apoiaron as mocións do BNG sobre o decreto do carbón e do PP reclamando que o auditorio municipal acolla actos políticos durante a vindeira campaña para as eleccións do 22 de maio.
No apartado de rogos e preguntas, o PsdeG-PSOE interesouse polas subvencións para a instalación de alumeado durante o pasado Nadal. O alcalde sostivo que se pode consultar a listaxe no pazo municipal, opción á que recorrerán os socialistas.


Por outra banda, o rexedor descartou que a Xunta denegase os permisos precisos para que comece a funcionar a emisora municipal de radio concedida ao Concello, extremo que negan os socialistas, ao afirmar que o goberno galego remitiu ao Rexistro esa denegación. 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera