28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Histórico / Ano 2011 / Censo municipal de Narón año 2010

Ano 2011

Censo municipal de Narón año 2010

05/02/2011

 

Na actualidade en Narón ten 39.114 habitantes e por zonas:

 

Xuvia/S. Xiao   (3.363)     Castro   (861)      San Mateo   (809)       O Val   (1.794)    
 
Doso/Pedroso   (1.176)      Sedes   (947)    Piñeiros   (3.268)         Freixeiro/Feal   (4.243)     

      

A Faísca/Couto   (1.487)     Alto   (7.814)    Sta. Cecilia   (6.604)    A Gándara   (6.759)       
  

Destes datos cabe destacar que o censo municipal cuadruplicou en solo cinco anos o número de residentes extranxeiros, ata os 1.175.

 

De cada 33 veciños empadroados no Concello de Narón, un é inmigrante estranxeiro. É dicir, que un 3% do padrón municipal componse de persoas que proceden doutros países. E iso supón que, para unha cifra de poboación que a finais desta semana superaba os 39.100 inscritos, 1.175 deles son habitantes foráneos.

 

É unha taxa que podería resultar minúscula en comparación con cidades xa consolidadas como A Coruña, o incluso Ferrol, pero reflexa unha evolución interna importante, pois en só cinco anos case se cuadruplicou o volume de inmigrantes. De feito, o 2005 concluíu cun censo de 246 estranxeiros. Iso supuxo apenas un 0,69% do volume total de habitantes do municipio, que por aquel entón era preto dos 35.700 veciños.

 

Respecto a ese dato, o incremento a día de hoxe tradúcese en preto dun millar de inmigrantes mais, o resultado de elevar un 378% a cantidade reflectida a 31 de decembre do 2005.

 

A escalada de poboación foránea comezou xusto nos anos sucesivos. Pois no 2007  contabilizábanse xa 704 estranxeiros no padrón municipal. Mentres que o dato actual é un 67% máis elevado que ese rexistro, con 471 inmigrantes mais.

 

Por procedencias, a maior parte son colombianos. Un total de 186 veciños ou, o que é o mesmo, o 16% do total de residentes estranxeiros en Narón, proceden dese país sudamericano.

 

O segundo posto é para os portugueses. A comunidade lusa alcanza no municipio a cifra deles 170 veciños. Pero a estrela é, sen dúbida, o continente americano. Pois en terceira posición encóntranse os brasileiros, cun total de 164 inscritos no censo local. E a iso hai que sumar importantes comunidades de uruguaios, arxentinos, cubanos...

 

A colonia asiática ocupa o cuarto lugar no ránking de estranxeiros que residen en Narón. Son 51 as persoas de procedencia china que se asentan no termo municipal.

 

Aínda que tamén existe unha prominente comunidade de veciños que proceden de países da Europa do este, incluídos varios armenios ou un lituano. Ademais de persoas orixinarias de lugares tan dispares como os Estados Unidos, Italia, Alemaña ou Inglaterra.

 

O groso da poboación procedente doutros países busca, principalmente, asentarse nos ámbitos urbanos. Deste modo, A Gándara é o barrio que recibe a un maior volume de inmigrantes. Son 315 os que alí se asentan, un 4,7% do censo particular desa zona e preto  do 27% do total de estranxeiros que hai en Narón. Séguenlle de preto o Alto, co 22,6% de os residentes foráneos, e Santa Cecilia (16,3%).

 

A outra cara da moeda está en Sedes (0,8%), O Val e San Mateo (ambas co 0,9%).

 

Fonte: Concello de Narón  Autor: Luís A. Núñez   Fecha de publicación: 5/2/2011

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera