O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Narón novamente ten que denunciar a situación na que se atopan as obras da estrada AC-566 entre os puntos kilométricos 2.57 e 10.75, tramos que transcorren ao longo do Polígono Industrial das Lagoas.
O anterior goberno da Xunta de Galiza presidido polo Partido Socialista, realizou e licitou o proxecto de mellora en seguridade e accesibilidade nos tramos anteriormente mencionados.
Tras o cambio de goberno na Xunta, véñense dando unha serie de recortes de mellora en dita obra: coa eliminación de dous carrís nos últimos 350 metros, a eliminación dunha glorieta que unía co enlace ó cemiterio Municipal e co Colexio público do Feal. Ademais da rotonda que daba saída a estrada de Ansede vital para o fluído interno do Polígono industrial, despois de ter conseguido o consenso do tecido empresarial e do propio Concello; variada por decisión unilateral e caprichosa que favorece a intereses persoais por riba dos intereses da comunidade do polígono.
Tras o comezo das obras a un ritmo moi lento, debido a pouca presenza de recursos humanos e materiais; dende fai un mes que a obra se paralizou. Esta situación crea uns prexuízos importantes nas empresas ubicadas na zona, sen esquecer que é a vía de comunicación do municipio co resto dos municipios costeiros, sendo unha das estradas con mais intensidade de tráfico do Concello.
Dende o PSOE de Narón creemos que por parte do Goberno da Xunta deben de rematar as obras comprometidas e licitadas anteriormente aínda a pesares de non haberes destinado nin un só euro para Narón dos orzamentos para este ano 2011, demostrando así o seu escaso interese polo noso municipio.