28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Histórico / Ano 2010 / Propostas do Grupo Municipal Socialista

Ano 2010

Propostas do Grupo Municipal Socialista de Narón para os orzamentos de 2011

18/11/2010

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

 

O vindeiro mes de decembro de 2010, é moi probable como en anos anteriores, que se sometan a Sesión Plenaria os orzamentos para 2011.


Estando xa a metade do mes de novembro non temos borrador algún dos mesmos, polo que descoñecemos totalmente o seu contido. Unha vez recollidas as demandas veciñais, e tendo feito un minucioso recorrido por distintas parroquias do Concello para elaborar as nosas propias propostas, dende o Grupo Municipal Socialista demandamos a inclusión nos vindeiros ornamentos de 2011 das seguintes inversións.

 

PROPOSTAS:

 

•Redución do gasto en materia de protocolo, publicidade e propaganda nun 50%.

 

•Redución do gasto corrente do Concello.

 

•Incremento no investimento do gasto social de xeito que se lle dea cobertura a toda a poboación en situación de precariedade económica.

 

•Adquisición de maquinaria e dotación de persoal para limpeza e conservación de camiños e zonas públicas do Concello.

 

•Apertura dende a IV fase do Polígono de Río do Pozo á Estrada Xeral do Val.

 

•Aluguer dun local para a Asociación de Veciños de Pedroso.

 

•Adquisición dun local social para a Asociación veciñal de Chafarís.

 

•Dotar de 6 ou 7 puntos de luz a zona de Fontela (San Mateo).

 

•Construción dun Pavillón Polideportivo na parroquia de Xubia.

 

•Dotar de alumeado a Ponte da Picota, o túnel da autopista na rúa Miguel de Cervantes e a ponte de Castro a Cornido na parroquia de O Couto.

 

•Recuperación e reparación dos lavadoiros do río Xabariz e de Placente na parroquia de Sedes.

 

•Reparación total do lavadoiro do Ponto e acondicionamento do seu aceso na parroquia de Piñeiros.

 

•Acondicionamento da fonte de Pielas na parroquia de Doso.

 

•Reforma do local social de A Chousa na parroquia de Castro, eliminando os servizos dun lateral para poñer un ximnasio.

 

•Reparación e acondicionamento do parque infantil de San Xiao (detrás do CRA).

 

•Reparación e acondicionamento do parque infantil Amalia Díaz na parroquia do Alto do Castiñeiro.

 

•Reparación e acondicionamento do parque infantil xunto a casa parroquial da parroquia de Freixeiro.

 

•Rehabilitación e mellora do paso elevado na vía de FEVE que comunica as parroquias de A Gándara coa de Santa Icía (rúa da Estación).

 

•Rampa de aceso para persoas con diversidade funcional no local social de Virxe do Mar.

 

•Construción dunha gardería pública no rural.

 

•Construción dun centro de Día na zona rural.

 

•Ludotecas nas parroquias onde existen garderías.

 

•Habilitar zonas e materiais para as deposicións dos cans (foxos de area e dispensadores de bolsas e guantes).

 

•Dotar unha partida económica para o novo Centro de Saúde.

 

•Incluír unha partida para habilitar un punto limpo móvil.

 

•Habilitar unha ludoteca-bebeteca na antiga Casa da Cultura na Praza de Galicia.

 

•Rehabilitar as fontes públicas do Concello.

 

•Acondicionamento do parque entre as Rúas Cangas e Tui (céspede, árbores, luz, sistema de rego, bancos, papeleiras, acesos ós bancos...).

 

•Restauración dos aseos públicos do local social de San Xiao.

 

•Construción dunha senda peonil na estrada que baixa dende o Lugar da Torre (Pedroso) dirección á parroquia de Doso, na súa marxe esquerda dando continuidade á beirarrúa existente.

 

•Dotar de puntos de luz pública no Chao hacia os Calvos na parroquia de Doso.

 

•Reparación da ponte peonil que une Xubia con Neda.

 

•Acondicionamento do exterior do local social de San Mateo e peche da segunda aula do mesmo.

 

•Arranxo das beirarrúas das vivendas Sindicais de Ferrerías.

 

•Un punto de luz no paso elevado que vai dende a Rúa Concepción Arenal a Santiago Apóstol.

 

•Completar a senda peonil entre Santa Margarita e Castro.

 

•Poñer puntos de alumeado público na Pedreira (O Val).

 

•Urbanizar o Camiño Real en Piñeiros, dende os institutos dirección Estrada de Castela, pasando pola ponte de FEVE.

 

•Habilitar unha partida económica para mellorar a accesibilidade nas beirarrúas do Concello.

 

•Completar as redes de saneamento e abastecemento de auga do Concello.

 

Narón, 18 de novembro de 2010


Voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Narón


Catalina García Blanco

 

 

 


SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE NARÓN

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera