No pleno celebrado onte no Concello de Narón foron aprobadas as catro mocións que se presentaron dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE:
• Moción para a prevención de incendios. Onde se solicitaba: Que o Concello de Narón dentro das súas competencias e a lexislación vixente elabore e execute un plan de medidas urxentes para a limpeza das parcelas sen edificar, no que quede reflectido o requirimento os propietarios particulares para a limpeza das mesmas ou no seu defecto á actuación pública prevista nas disposicións legais, e que proceda á limpeza de todas aquelas parcelas de titularidade municipal que se encontren en estado de abandono. Engadiuse unha proposta de solicitude a outras administracións de axuda supramunicipais.
Aprobouse por unanimidade de todos os Grupos políticos.
• Moción en relación ás medidas urxentes para a redución do déficit público. Onde solicitabamos que se efectúen as reducións salariais ó Alcalde, Concelleiros, Concelleiras e altos cargos que corresponda.
A pesar a abstención do PP e do BNG foi aprobada a favor polo PSOE e TEGA.
• Moción sobre as políticas sociais da Xunta de Galicia. Onde se insta a Xunta de Galicia a:
1. Primar a inversión social ao menos nos mesmos termos do goberno bipartito.
2. Activar as políticas públicas sociais no seu senso máis amplo, evitando a privatización dos servizos públicos.
3. Desenvolver unha política de colaboración institucional cos concellos que garantan o efectivo desenvolvemento das políticas sociais municipais, a través da axeitada financiación de medios persoais e materiais.
4. Reconducir a nefasta xestión da Xunta de Galicia en políticas sociais, reactivando o Plan Concertado, as Políticas de Dependencia e os programas de colaboración cos municipios.
5. Cumprir nos seus termos a normativa vixente en políticas sociais.
Aprobouse por unanimidade co voto en contra do PP.
• Relación ó proxecto de mellora da seguridade viaria da AC-566 e na que se acordou o seguinte:
1. Convocar unha comisión extraordinaria de obras, urbanismo e servizos onde vai a estar representada a asociación de veciños para a realización das alegacións pertinentes e posibles reclamacións que se fagan dende o Concello.
2. Solicitar á Xunta de Galicia a ampliación dos prazos para a presentación de alegacións tendo en conta que estamos en período estival.
Aprobada por unanimidade.