9 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Novas / Novas / Mocion para a reduccion de salarios os a

Novas

Mocion para a reduccion de salarios os alcaldes,concelleiros e altos cargos dos gobernos locais

28/07/2010

 

  Os socialistas naroneses presentaron unha moción no rexistro municipal na que instan ao pleno a efectuar as reducións salariais ós alcaldes, concelleiros e altos cargos dos gobernos locais propostas pola Federación Española de Municipios e Provincias para contribuír á redución do déficit público. A FEMP aposta por aplicar os descontos utilizando os mesmos criterios e escalas establecidos polo Goberno central para a administración xeral do Estado, que se establecerán de xeito individual e con criterios de progresividade, tomando como base para o seu cálculo as contías da retribución percibida.
Así mesmo, a portavoz do PSOE de Narón, Catalina García, presentou outra moción na que se insta á Xunta a primar o investimento social nos mesmos termos, cando menos, do anterior goberno bipartito. No documento, tamén se solicita á administración autonómica que active políticas públicas sociais, evitando a privatización dos servizos públicos e que desenvolva unha política de colaboración institucional cos concellos que permitan desenvolver correctamente as políticas sociais municipais. Os socialistas requiren tamén que se reconduza a “nefasta xestión da Xunta en políticas sociais, reactivando o Plan Concertado, as Políticas de Dependencia e os programas de colaboración cos municipios”.
As dúas mocións trataranse na Xunta de Portavoces convocada para mañá e, posteriormente, no pleno do día 29.

 

 

 

 

 

Cal é a tua valoración da actividade do grupo municipal socialista no concello de Narón

Baixa

Normal

Boa

Moi boa


Hay 5 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera