28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Histórico / Ano 2010 / Propostas do Psdeg-Psoe na comisión de u

Ano 2010

Propostas do Psdeg-Psoe na comisión de urbanismo

19/04/2010

 

Na comisión de obras que se celebrou hoxe no Concello de Narón o Grupo Municipal Socialista formulou unha serie de propostas e preguntas o equipo de Goberno despois de ter recibido queixas por parte de veciños e veciñas.


As propostas feitas foron as que seguen:


1. Colocación de colectores para o lixo ó remate da rúa do Rosal, pois aínda que o número de habitantes na zona vai en aumento os veciños reclaman que se suprimiron colectores de lixo e non se volveron a poñer.


2. Solicítase a colocación dunha varandilla ou outro utilitario de seguridade na rotonda de Freixeiro, xa que, en varias ocasións os coches teñen invadido a beirarrúa e incluso baixado as escaleiras que van ó parque. Dado que é unha zona pola que transitan ó longo do día centos de persoas os Socialistas ven de urxente necesidade tomar as medidas oportunas para garantir a seguridade dos peóns.


3. A última proposta da Portavoz Socialista foi que na rúa Río Vespasante na parroquia de Piñeiros, no Local do que fan uso á asociación de Diabéticos de Ferrolterra e a Asociación Galega de Lupus (local situado ó lado de correos, onde fora o antigo centro médico) se poña a porta de entrada ó local pegada a beirarrúa, xa que, na actualidade entre a porta e a rúa hai un recibidor onde se fan botellóns os fins de semana, quedando cheo de lixo ademais de que a xente que para alí fai as súas necesidades ( segundo as queixas dos veciños).


Catalina García aproveitou para preguntar cando se vai proceder a amañar o interior do Pazo da Cultura xa que os danos son do temporal do Claus ó que lle responderon que se vai a proceder á reparación e que se tardou tanto porque os materiais son especiais e non os serviron antes.


Para rematar, dadas as numerosas queixas de que os propietarios de cans os levan soltos e non recollen os excrementos dos animais, enchendo os parques e zonas verdes onde xogan os pequenos, García solicitou que se apliquen as ordenanzas municipais, xa que cando se fai unha ordenanza é para facela cumprir e non só para poñela nun libriño cada ano.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera