16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Mocións Municipais / Moción en Apoio ó día Internacional cont

Mocións Municipais

Moción en Apoio ó día Internacional contra a Homofobia e Transfobia

15/04/2010

 

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Narón, en defensa dun dos principios básicos da Carta Internacional dos Dereitos Fundamentais, como é a non discriminación, apoia a declaración do Día 17 de maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia e insta o Goberno de España a que solicite ante a Organización das Nacións Unidas a declaración do Día 17 de Maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfofobia.


Cando se cumpren 20 anos desde que a Asemblea Xeral da Organización Mundial da Saúde suprimise a homosexualidade da lista de enfermidades mentais, o Grupo Municipal Socialista de Narón desexa mostrar a súa solidariedade cos millóns de persoas que en todo o mundo seguen sufrindo graves discriminacións por razón da súa orientación sexual ou identidade de xénero e fai un chamamento á cidadanía e ás institucións públicas para erradicar a homofobia e a transfobia.


Instamos á Organización Mundial da Saúde (OMS) a que deixe de considerar a transesualidade como trastorno mental, e promova o acceso á atención sanitaria e o apoio psicolóxico que estas persoas necesitan incluíndo a reasignación de xénero, si fose desexada; que lles permitan adaptar o status civil ao seu xénero de preferencia, e vivir a súa vida social, familiar e profesional sen ser expostas nin expostos á transfobia, o prexuízo e os crimes de odio, sendo protexidos e protexidas pola policía e os sistemas xudiciais fronte a todo tipo de violencia, física ou non.

 

É sabido que o noso pais esta na vangarda dos dereitos das persoas homosexuais, transexuais e bisexuais pero a discriminación por orientación afectivo sexual segue arraigada na nosa sociedade. Por iso é unha labor das institucións españolas, traballar na loita contra estas discriminacións axudando a visibilizar e normalizar o feito lésbico, gai, transexual e bisexual.


Os poderes políticos, institucionais e cidadáns temos a obrigación de axudar a sensibilizar e traballar pola igualdade real das persoas. A información e a educación son as vías para conseguir unha sociedade máis xusta onde as persoas LGTB poidan vivir en sintonía coa súa orientación sexual en todas as nosas aldeas, pobos e cidades. O contexto actual esixe unha visibilidade máis cotiá que ofreza a realidade do colectivo homosexual e transexual en toda a súa diversidade dunha forma positiva. Tamén os poderes públicos deberán loitar contra a homofobia, transfobia en todos os ámbitos da sociedade, en especial durante a adolescencia, onde a personalidade se esta facendo e somos máis vulnerables, realizando plans especiais contra o “bullying”.


O Grupo Municipal Socialista de Narón, insta tamén aos Organismos de Dereitos Humanos de Nacións Unidas a que examinen as violacións aos dereitos humanos que afrontan as persoas homosexuais, bisexuais e transexuais en todo o mundo, e que tomen medidas concretas para combatelas. Instando aos países do mundo a que erradiquen a discriminación por motivos de orientación sexual ou identidade de xénero. É importante lembrar que a nivel internacional a homofobia, a transfobia e a bifobia poden ter forma de lei que condena as relacións sexuais entre persoas do mesmo sexo, como ocorre en 80 países, ou mesmo de pena de morte, como pasa en 8 nacións do mundo.


Debemos traballar porque a discriminación por motivos de orientación sexual ou identidade de xénero sexa erradicada, e traballaremos para conseguir que o 17 de Maio sexa ao fin considerado Día Internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia e que a ONU urxa aos estados a tomar todas as medidas necesarias, lexislativas ou administrativas, para asegurar que a orientación sexual ou a identidade de xénero non poidan ser, baixo ningunha circunstancia, base para a persecución penal.


Por todo iso, presentamos ante o Pleno para o seu debate e aprobación, se procede, a seguinte MOCIÓN:

 

• Instar ao Concello de Narón a comprométrese a traballar activamente contra a homofobia, transfobia e bifobia e cumprir as normativas de igualdade de trato da comunidade Europea, de España e Galicia.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera