16 de outubro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Plenos / Mocións Municipais / Moción pola exclusión das explotacións g

Mocións Municipais

Moción pola exclusión das explotacións galegas

15/04/2010

 

No DOG do venres 26 de Febreiro de 2010 a Consellería de Medio Rural publicaba a Orde do 22 de Febreiro de 2010 , pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2010.


Dentro da devandita Orde de axudas inclúense as axudas para compensar aos gandeiros/as do sector lácteo en zonas desfavorecidas ou vulnerables dende o punto de vista ambiental.


Tales axudas están dotadas  con 40,2 millóns de euros destinadas a explotacións sitas en zonas de montaña e con limitacións específicas, en zonas desfavorecidas por despoboamento, e para as explotacións que ademais dos anteriores supostos dispoñan de base territorial para alimentación do gando produtor de leite.


Da totalidade das explotacións galegas o  78% están situadas en zona de montaña ou desfavorecida por despoboamento e nelas atopase o 75% da totalidade da cabana gandeira de leite de Galicia.


Malia en Galicia quedan fóra desa clasificación arredor de 2.971 explotacións lácteas , situadas maioritariamente na provincia da Coruña e arredor de 266 na provincia de Lugo , en comarcas de importante tradición leiteira como é o caso dos Concellos de Santa Comba ou Negreira ou a comarca da Mariña Luguesa.


Dese xeito as explotacións situadas no  Concello de Narón resultan afectadas, por quedar excluídas na convocatoria das axudas compensatorias  non sendo unha zona de alta montaña, nin con limitacións específicas , nin desfavorecida polo despoboamento.

Deste xeito case 3.000 explotacións que están sufrindo a crise de prezos no sector do leite , e arredor de 8 situadas no noso Concello  recibirán un tratamento desigual e discriminatorio á hora de recibiren as axudas.


Outras Comunidades Autónomas para compensar o trato desigual que reciben as explotacións que quedan fóra das zonas desfavorecidas á hora de percibiren as axudas, estableceron   nas bases que regulan as axudas da PAC, unha liña de  axudas para o fomento de prácticas de benestar animal nas explotacións lácteas en entornos periurbanos.


Malia o Goberno galego non levou a cabo ningunha actuación para corrixir a situación de  agravio das 3000 explotacións que resultan discriminadas  á hora de percibir as axudas.


Por todo o anteriormente exposto, dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE propoñemos ao  pleno desta Corporación a adopción do seguinte ACORDO:


• Deseñar e implementar unha liña específica de axudas para o ano 2010 , coa dotación orzamentaria suficiente, de xeito que se compense as explotacións leiteiras que resultan discriminadas por quedar excluídas das zonas de montaña ou con limitacións específicas ou zonas desfavorecidas polo despoboamento, que permita resolver a situación de competencia desigual respecto doutras explotacións garantindo así a  súa viabilidade nun momento de grave crise.


• Levar a cabo durante o ano 2010 unha modificación do PDR 2007/2013, que permita destinar fondos adicionais, de cara a establecer axudas para o ano 2011,  que compensen a situación de desigualdade das explotacións leiteiras  excluídas das zonas economicamente vulnerables ou sensibles.

 

 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera