28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Histórico / Ano 2009 / Candidato á Secretaría Xeral Provincial-

Ano 2009

Candidato á Secretaría Xeral Provincial-José Manuel Lage Tuñas

10/10/2009

 

Datos Persoais:

 

Nado en  Outes e residente en Noia ( A Coruña).


Cursei estudios de EXB no Colexio Público de A Serra (Outes) e B.U.P. e C.O.U. no Instituto Virxe do Mar de Noia.


Licenciado en Ciencias Políticas e Administración Pública pola Universidade de Santiago de Compostela.

 

Diplomatura de Estudios Superiores da Defensa Nacional. Facultade de Dereito da USC-CESEDEN.


“Experto en Dereito Constitucional Europeo” Cátedra Jean Monet da Facultade de Dereito da USC.


Auditor interno do Consejo de la Juventud de España entre o ano 2004 e o 2006 e Xefe de Persoal e Organización Xeral do Consello da Xuventude de Galicia, exercendo a Secretaría Xeral Técnica nos anos 1998 e 1999.


Presidente do Consello da Xuventude de Galicia entre o ano 2002 e o ano 2004.


Afiliado ás XSG (Xuventudes Socialistas de Galicia) dende o ano 1993 e ó PSdeG-PSOE dende o ano 1995, ó cumprir a maioría de idade.


Fundador da Asociación de Estudantes “Virxe do Mar ” do Instituto de Bacharelato “Vires do Mar “ Noia, e Presidente entre o ano 1993 e 1995. Membro-fundador da asociación estudantil IESGA.


Afiliado á UGT dende o ano 1998.


Portavoz Nacional e Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia entre o ano 1996 e o ano 2002.


No Congreso Extraordinario de Ourense do PSdeG-PSOE sain elexido membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE apostando pola apertura dunha nova etapa no socialismo galego, baseada nos pilares da socialdemocracia e do galeguismo.


Dende o ano 2000 ata o 2004 fun membro do Comité Federal do PSOE (máximo órgano entre congresos do partido a nivel estatal) en representación das Juventudes Socialistas de España.

 

Deputado no Parlamento de Galicia dende maio do ano 2004, ocupando durante estos anos na cámara galega diferentes responsabilidades como as portavocías de Medio Ambiente, Deporte, Pesca e Asuntos Marítimos, Mocidade e tamén a de Medios Públicos e Audiovisual.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera