A nova dirección do PSdeG-PSOE, encabezada polo seu Secretario Xeral, Manuel Vázquez, participou 0 27/04/2009 na súa primeira reunión Executiva, trala que fixeron a tradicional foto de familia.
Na rolda posterior, Manuel Vázquez afirmou que a reunión estivo marcada pola “ilusión, ledicia e esperanza” dos compañeiros que “levarán o timón da dirección socialista os próximos catro anos” e que se convertirán a través das agrupacións locais e dos grupos municipais nos “ollos e nos oídos de Galicia”. “Queremos escoitar ata como medra a herba”, dixo Vázquez, quen explicou que contrariamente ó que viña facendo o PPdeG, os socialistas faremos, “con alegría, tranquilidade e responsabilidade”, “unha oposición con vocación de ser goberno; non para atacar ó PP nin ó Presidente da Xunta, senón para mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas”. Cunha Executiva renovada nun 70%, a participación será a palabra clave desta nova etapa do PSdeG na que os os socialistas “traballaremos permanentemente pensando en Galicia e os galegos”. Mensaxes ó PPdeG Ademais, o Secretario Xeral do PSdeG pediu a Alberto Núñez Feijoo que “publique a orde xa tramitada” polos socialistas para incrementar ata o 90% a cobertura dos traballadores asalariados afectados por un expediente de regulación de empregosuspensivo, que foi acordada cos axentes económicos e sociais e dictaminada polo CGRL. Neste sentido tamén pediU que incremente a cobertura e contía de inserción implementado como resultado dos Acordos do Diálogo Social, extendendoa a máis colectivos como propuxo o Partido Socialistano período electoral, e dea cobertura a todos os parados que esgoten as súas prestacións. Vázquez considera que este “goberno comeza mal”, e que xa se está desmontando a estratexia de calumnias e demagoxia “na que se columpiou durante a campaña”. De feito, sinalou que “a rebaixa de impostos prometidas era mentira”, e agora di Feijoo que non se pode facer tal rebaixa, que a toma de posesión de Agustín Hernández como Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pon en cuestión “a transparencia e a honestidade” do goberno, e a suposta “austeridade do Presidente “ deixa de ser tal porque “cando parecía que iba vivir de pensión en Santiago, xa se está trasladando a Monte Pío con todo luxo de detalles”. Con respecto ós coches oficiais, Vázquez lembrou que hai tres coches blindados gardados para o Presidente, e que se quere ter “un capricho” e mercar outro “que o pague do seu bolsillo”, “non teñen por que pagalo todos os galegos”. Financiación Autonómica e Caso Gürtel Con respecto á financiación autonómica, o líder dos socialistas galegos avisou a Feijoo de que “non pode utilizar os galegos para defender a Rajoy” e de que ésta “non pode ser unha ferramenta de confrontación”. Ademais, Manuel Vázquez pediu a Alfonso Rueda que explique “por que hai dirixentes do PPdeG no cárcere” que forman parte da trama de corrupción do caso Gürtel, aínda que aclarou que “é a Fisacalía a que os ten implicados”, non o PSdeG. BIOGRAFÍAS DA COMISIÓN EXECUTIVA NACIONAL (GALEGA) Manuel Vázquez Fernández Secretario Xeral do PSdeG-PSOE Datos Persoais.- (Carballiño, 1955) É doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario da Consellería de Sanidade, en excedencia. Participación política.- Ata este momento era Secretario Provincial do PSdeG-PSOE en Ourense. Ocupou a Consellería de Medio de Ambiente no Goberno de Emilio Pérez Touriño. Foi deputado no Parlamento Galego desde 1993 ata 1995, ano no que pasou a ocupar a alcaldía do Concello do Carballiño, permanecendo no posto ata o ano 2005. A obtención da acta de deputado autonómico neste mesmo ano levouno a renunciar á alcaldía do Carballiño, tras permanecer dez anos no cargo. Neste período foi tamén deputado provincial e portavoz do grupo socialista na Deputación de Ourense. Mar Barcón Sánchez Portavoz, Secretaria de Coordinacion, Acción Electoral e Política Municipal do PSdeG-PSOE Datos Persoais.- Naceu en Ortigueira en 1963, aínda que se criou no Barrio coruñés da Agra do Orzan. Licenciada en Medicina e Cirurxía. Participación Política.- Concelleira na Coruña dende 1999, onde ocupou as concellerías de Servizos Sociais e Urbanismo. Foi Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE. Deputada Autonómica na VII Lexislatura, onde tamén ocupou a portavocia de Sanidade. Actualmente é deputada autonómica. Pablo García García Secretario de Organización do PSdeG-PSOE Datos Persoais.- (Silleda, 1972) É diplomado en Maxisterio e ten realizado cursos de psicopedagoxía. Foi titular durante mais de dez anos dunha explotación leiteira. Dende hai 6 anos ocupa a Secretaría de Organización do Sindicato Unións Agrarias ao que chegou da man de Roberto García, e no que milita dende hai 15 anos. Carlos López Font Secretario da Área de Infraestruturas Datos Persoais.- (Madrid, 1957) Licenciado en Ciencias Políticas. É funcionario. Participación Política.- Actualmente é concelleiro en Vigo de Xestión Municipal e Portavoz do Grupo Municipal. Beatriz Sestayo Doce Secretaria da Área de Politicas Socio-Sanitarias, Benestar e Xustiza Datos Persoais.- (Ferrol, 1969) Licenciada en Dereito pola USC. Doutoramento na UDC. Participación Política.- Actualmente é concelleira en Ferrol (Área de Benestar Social, Muller, Xuventude, Solidariedade e Festas). Foi Secretaria da área de Liberdades Públicas da CENG do PSdeG-PSOE; ademais é membro da executiva comarcal dos socialistas de Ferrol. Foi deputada na VII lexislatura onde exerceu a portavocía de Xustiza do PSdeG-PSOE no Parlamento Autonómico. Actualmente é deputada autonómica. Ricardo Varela Sánchez Secretario da Área Relacións Institucionais Datos persoais.- (Lugo, 1955) É diplomado en Relacións Laborais pola Universidade da Coruña, e funcionario no Concello de Lugo. Participación Política.- Como militante socialista ocupou distintos cargos orgánicos na Agrupación Municipal de Lugo e na CENG do PSdeG-PSOE. Foi secretario executivo provincial do PSdeG-PSOE de Lugo (1998-2004) e secretario nacional da Executiva de UGT de Galicia. Desde o ano 2004 foi Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, cargo que abandonou en xullo de 2008 para ocupar a Vicesecretaría Xeral do partido. Foi Presidente da Xestora do PSdeG-PSOE. Membro do Comité Federal do PSOE. Actualmente é deputado autonómico e membro da Mesa do Parlamento. Foi deputado autonómico na VI Lexislatura e portavoz de Xustiza. Así mesmo, foi membro da Comisión de Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior, membro da Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos, membro da Mesa da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo e da Deputación Permanente. Deputado Autonómico na VII Lexislatura, período no que foi tamén Conselleiro de Traballo. Laura Seara Sobrado Secretaria da Área de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais Datos Persoais.- (Allariz, 1975) É licenciada en Dereito e ten un Máster en Calidade dos Servizos. Participación política.- Membro da Comisión Executiva Federal de JSE, 1999-2002. Candidata ó parlamento Europeo no ano 1999. Candidata ó Congreso dos Deputados no ano 2000. Secretaria de Igualdade da Executiva do PSdeG. Foi Vicepresidenta do Consejo de la Juventud de España. Deputada no Parlamento Galego dende o ano 2001. Foi Portavoz de Medio Ambiente. Membro da Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da Comisión de Igualdade e para os Dereitos das Mulleres, da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e da Deputación Permanente. Actualmente é deputada autonómica. Agustín Fernández Gallego Secretario da Área de Economía Actualmente é concelleiro de Economía en Ourense. É inspector de Facenda. Marta Álvarez-Santullano Fernández -Trigales Secretaria de Estudos e Programas Actualmente é concelleira en Santiago. É licenciada en Dereito. Carmen Gallego Calvar Secretaria da Área de Medio Ambiente e Medio Mariño Datos Persoais.- (Vilaboa, 1966) Participación política.- É Secretaria de Organización da Agrupación Local de Vilaboa (1999-2000). Entra na CENG no ano 1998, ocupando a Secretaría de Pesca, formando parte das distintas Executivas ata a data. Foi membro da CEF do PSOE dende 2004-2008. Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos no Goberno de Pérez Touriño. Deputada autonómica dende a VI lexislatura, na que foi portavoz de Pesca e membro da Comisión de Pesca e Marisqueo, e da Comisión de Asuntos Europeos, e da Comisión de Peticións. Elixida Deputada na VII lexislatura. Elixida deputada na VIII lexislatura. Miguel Ángel Fernández López Secretario de Sanidade Foi deputado na pasada Lexislatura, e portavoz da área de servizos sociais. É secretario da Agrupación lucense de Sarria. Foi director do Hospital Xeral de Calde de Lugo. É licenciado en Medicina. Guillermo Meijón Couselo Secretario de Educación Datos Persoais.- (Pontevedra, 1958) Mestre e Licenciado en Pedagoxía. Orientador escolar. Participación política.- Foi Concelleiro de Educación en Pontevedra (1999-2005). Secretario de Política Institucional na Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Pontevedra. Foi Secretario de Educación da Comisión Executiva Galega do PSdeG-PSOE. Portavoz de Educación no Parlamento de Galicia na VII Lexislatura. Actualmente é deputado autonómico. Vilma Cabodevila Val Secretario de Medio Rural Secretaria Xeral da Agrupación de A Pastoriza (Lugo). É xerente dunha Cooperativa láctea na localidade lucense de Meira. Silvia Longueira Secretaria de Cultura Datos persoais.- (1961) Licenciada en Xeografía e Historia. Experta en xestión cultural. Foi xerente da Fundación Luís Seoane. Actualmente concelleira de Servizos Sociais do Concello da Coruña. Valentín González Formoso Secretario de Industria e Enerxías Renovables Actualmente é o Alcalde de As Pontes. David Regades Fernández Secretario de Emprego Datos persoais.- Naceu en Vigo en 1973. Traballa no Concello de Vigo. Antonio Sánchez Espantoso Secretario de Novas Tecnoloxías É Secretario da Agrupación de Curtis. Miguel Fidalgo Areda Secretario de Formación É senador por Ourense. Secretarios Executivos/as: -Dulcinea Aguin Pombo (Sanxenxo). -Celia Alonso Caramés (concelleira en Pontevedra) -Juan Jose Ares González (Tenente Alcalde de Boiro) -Miguel Bautista Carballo (Alcalde de Petin) -Isabel Castro Piedras (concelleira en Redondela) -Maria Dolores Cubillo Conde (Ourense) -Jose M. Domínguez Freitas (Alcalde de A Guarda) -Jose A. Dono Lopez (Alcalde de A Estrada) -Ignacio Filgueiras Martinez (Secretario Xeral do PSdeG en Pontedeume) -Julia Lopez Vazquez (Vigo) -Maria Loureiro García (concelleira en Viveiro) -Sonia Méndez García (concelleira en Lugo) -Jose Antonio Prado Garcia (A Coruña interior) -Jose L.Raposo Magdalena (Alcalde de Pedrafita) -Maria Rivas López (Executiva Local da Coruña) -Julio Sacristan de Diego (Alcalde de Culleredo) -Marisol Soneira Tajes (Deputada Autonomica) -Jose Ramon Val Alonso (ex-delegado provincial de pesca.Foz) -Maria José Vilas Rodas (concelleira en Cangas) Secretarios Provinciais: -A CORUÑA: Moisés Rey Martínez -LUGO: Luis Angel Lago Lage -OURENSE: Eladio Fernández Vázquez (Portavoz en San Cibrao das Viñas) -PONTEVEDRA: Modesto Pose Mesura
|