ESTÁ FORMADA POR:
MANUEL VAZQUEZ FERNANDEZ (Secretario Xeral do PSdeG-PSOE)
Datos Persoais
Nado no Carballiño en 1955
Profesión:
É doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario da Consellería de Sanidade, en excedencia.
Participación política:
Actualmente é secretario provincial do PSdeG-PSOE en Ourense.
Cargos Institucionais:
Ocupou a Consellería de Medio de Ambiente no Goberno de Pérez Touriño. Foi deputado no Parlamento Galego desde 1993 ata 1995, ano no que pasou a ocupar a alcaldía do Concello do Carballiño, permanecendo no posto ata o ano 2005. A obtención da acta de deputado autonómico neste mesmo ano levouno a renunciar á Alcaldía do Carballiño, tras permanecer dez anos no cargo. Neste período tamén foi deputado provincial e portavoz do grupo socialista na Deputación de Ourense.
PABLO GARCÍA GARCÍA (Secretario de Organización do PSdeG-PSOE)
Datos Persoais
Nado en Silleda en 1972
Profesión:
É diplomado en Maxisterio e ten realizado cursos de psicopedagoxía. Foi titular durante mais de dez anos dunha explotación leiteira.
Dende fai 6 anos é o actual Secretario de Organización do Sindicato Unións Agrarias ao que chegou da man de Roberto Garcia, e no que milita dende fai 15 anos.
MAR BARCÓN SÁNCHEZ (Portavoz, Secretaría de Coordinación, Acción Electoral e Política Municipal do PSdeG-PSOE)
Datos Persoais:
Naceu en Ortigueira en 1963, aínda que se criou no Barrio coruñés da Agra do Orzan.
Estudios e Profesión:
Licenciada en Licenciada en Medicina e Cirurxía.
Participación Política:
Concelleira no Concello da Coruña dende 1999, onde ocupou as concellerías de Servizos Sociais e de Urbanismo.
Cargos Institucionais:
Foi Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE. Deputada Autonómica na VII Lexislatura onde tamén ocupou a portavocia de Sanidade. Actualmente é deputada autonómica.
CARLOS LÓPEZ FONT (Secretaría da Área de Infraestruturas)
Datos Persoais:
Naceu Madrid en 1957.
Estudios e Profesión:
Licenciado en Ciencias Políticas. É funcionario.
Participación Política:
Actualmente é concelleiro en Vigo de Xestión Municipal e Portavoz do Grupo Municipal.
BEATRIZ SESTAYO FERNÁNDEZ (Secretaría da Área de Infraestruturas Politicas Socio-Sanitarias, Benestar e Xustiza)
Datos Persoais:
Naceu en Ferrol en 1969
Estudios e Profesión:
Licenciada en Dereito pola USC. Doutoramento na UDC.
Participación Política:
Actualmente é concelleira en Ferrol (Área de Benestar Social, Muller, Xuventude, Solidaridade e Festas).
Cargos Institucionais
Foi Secretaria da área de Liberdades Públicas da CENG do PSdeG-PSOE, ademais é membro da executiva comarcal dos socialistas de Ferrol. Foi deputada na VII lexislatura onde exerceu a portavocia de Xustiza do PSdeG-PSOE no Parlamento Autonómico. Actualmente é deputada autonómica.
RICARDO VARELA SÁNCHEZ (Secretaría da Área Relacións Institucionais)
Datos Persoais:
Naceu en Lugo, o 26 de setembro de 1955.
Estudios e Profesión:
É diplomado en Relacións Laborais pola Universidade da Coruña, e funcionario no Concello de Lugo.
Participación Política:
Como militante socialista ocupou distintos cargos orgánicos na Agrupación Municipal de Lugo e na CENG do PSdeG-PSOE. Foi secretario executivo provincial do PSdeG-PSOE de Lugo (1998-2004) e secretario nacional da Executiva de UGT de Galicia. Desde o ano 2004 foi secretario de organización do PSdeG-PSOE, cargo que abandonou en xullo de 2008 para ocupar a Vicesecretaría Xeral do partido. Foi Presidente da Xestora do PSdeG-PSOE. Membro do Comité Federal do PSOE. Actualmente é deputado autonómico e membro da Mesa do Parlamento.
Cargos Institucionais:
Foi deputado autonómico na VI Lexislatura e portavoz de Xustiza. Así mesmo, foi membro da Comisión de Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior, membro da Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos, membro da Mesa da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo e da Deputación Permanente. Deputado Autonómico na VII Lexislatura, período no que foi tamén conselleiro de Traballo.
LAURA SEARA SOBRADO (Secretaría da Área de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais)
Datos Persoais
Naceu en Allariz (Ourense), en 1975.
Profesión:
É licenciada en Dereito. Master en Calidade dos Servicios
Participación política:
Membro da Comisión Executiva Federal de JSE, 1999-2002.Candidata ó parlamento Europeo no ano 1999.Candidata ó Congreso dos Deputados no ano 2000. Secretaria de Igualdade da Executiva do PSdeG.
Cargos Institucionais:
Vicepresidenta do Consejo de la Juventud de España.
Deputada no Parlamento Galego dende o ano 2001. Foi Portavoz de Medio Ambiente. Membro da Comisión de ordenación territorial, obras públicas, medio ambiente e servizos, da Comisión de igualdade e para os dereitos das mulleres, da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e da Deputación permanente. Actualmente é deputada autonómico.
AGUSTÍN FERNÁNDEZ GALLEGO (Secretaría da Área de Economía)
Actualmente é concelleiro de Economía en Ourense. É inspector de Facenda.
MARTA ÁLVAREZ-SANTULLANO FERNÁNDEZ-TRIGALES (Secretaría de Estudos e Programas)
Actualmente é concelleira en Santiago. É licenciada en Dereito.
CARMEN GALLEGO CALVAR (Secretaría da Área de Medio Ambiente e Medio Mariño)
Datos Persoais
Naceu en Vilaboa en 1966.
Participación política:
É Secretaria de Organización da Agrupación Local de Vilaboa (1999-2000). Entra na CENG no ano 1998, ocupando a Secretaría de Pesca, formando parte das distintas CENG ata a data. Foi membro da CEF do PSOE dende 2004-2008.
Cargos Institucionais:
Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos co Goberno de Pérez Touriño. Deputada autonómica dende a VI lexislatura, na que foi portavoz de Pesca e membro da Comisión de Pesca e Marisqueo, e da Comisión de Asuntos Europeos, e da Comisión de Peticións. Elixida Deputada na VII lexislatura. Nomeada Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, cargo que ocupa na actualidade. Elixida deputada na VIII lexislatura.
MIGUEL ÁNGEL FERNÁNEZ LÓPEZ (Secretaría de Sanidade)
Foi deputado na pasada Lexislatura, e portavoz da area de servizos sociais. É secretario da Agrupación lucense de Sarria. Foi director do Hospital Xeral de Calde de Lugo. É licenciado en Medicina.
GUILLERMO MEIJÓN COUSELO (Secretaría de Educación)
Datos Persoais
Naceu en Pontevedra en 1958.
Profesión:
Mestre e Licenciado en Pedagoxía. Orientador escolar.
Participación política:
Foi Concelleiro de Educación do Concello de Pontevedra (1999-2005). Secretario de Política Institucional na Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Pontevedra.
Cargos Institucionais:
Foi Secretario de Educación da Comisión Executiva Galega do PSdeG-PSOE. Portavoz de Educación no Parlamento de Galicia na VII Lexislatura. Actualmente é deputado autonómico.
VILMA CABODEVILA VAL (Secretaría de Medio Rural)
Secretaría Xeral da Agrupación de A Pastoriza (Lugo). É xerente dunha Cooperativa láctea na localidade lucense de Meira.
SILVIA LONGUEIRA CASTRO (Secretaría de Cultura)
Actualmente é Concelleira de Servizos Sociais no Concello da Coruña.
VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO (Secretaría de Cultura Industria e Enerxías Renovables)
Actualmente é o Alcalde de As Pontes.
DAVID REGADES FERNÁNDEZ (Secretaría de Emprego)
Naceu en Vigo en 1973. Traballa no Concello de Vigo.
ANTONIO SANCHÉZ ESPANTOSO (Secretaría de Novas Tecnoloxías)
É Secretario da Agrupación de Curtis.
MIGUEL FIDALGO AREDA (Secretaría de Formación)
É senador por Ourense
SECRETARIOS EXECUTIVOS/AS:
-Dulcinea Aguin Pombo (Sanxenxo)
-Celia Alonso Caramés (Concelleira en Pontevedra)
-Juan Jose Ares González (Tenente Alcalde de Boiro)
-Miguel Bautista Carballo (Alcalde de Petín)
-Isabel Castro Piedras (Concelleira en Redondela)
-María Dolores Cubillo Conde (Ourense)
-Jose M. Domínguez Freitas (Alcalde de A Guarda)
-Jose A. Dono Lopez (Alcalde de A Estrada)
-Ignacio Filgueiras Martinez (Secretario xeral do PSdeG en Pontedeume)
-Julia Lopez Vazquez (Vigo)
-Maria Loureiro García (Concelleira en Viveiro)
-Sonia Méndez García (Concelleira en Lugo)
-Jose Antonio Prado García (A Coruña interior)
-Jose L. Raposo Magdalena (Alcalde de Piedrafita)
-Maria Rivas López (Executiva Local da Coruña)
-Julio Sacristán de Diego (Alcalde de Culleredo)
-Marisol Soneira Tajes (Deputada Autonómica)
-Jose Ramon Val Alonso (ex-delegado provincial de pesca-Foz)
-Maria José Vilas Rodas (Concelleira en Cangas)
SECRETARIOS PROVINCIAIS:
-A CORUÑA: Moises Rey Martínez
-LUGO: Luis Angel Lago Lage
-OURENSE: Eladio Fernández Vázquez (Portavoz en San Cibrao das Viñas)
-PONTEVEDRA: Modesto Pose Mesura