28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Histórico / Ano 2008 / Dosier das necesidades escolares do conc

Ano 2008

Dosier das necesidades escolares do concello de Narón

02/12/2008

 

 O PSdeG-PSOE DE NARÓN ESTÁ A CONFECIONAR UN DOSIER DAS NECESIDADES ESCOLARES DO CONCELLO
 

  • Os socialistas naroneses recollen as peticións e necesidades que as ANPAS dos centros públicos, institutos, centros concertados e garderías lles trasladan.
  • Solicitarán unha xuntanza coa Conselleira e o Delegado de Ensino.
  • Tachan de electoralistas as alegacións do PP ós orzamentos da Xunta.

Dende hai xa mais dun mes o Grupo Municipal Socialista ven mantendo xuntanzas coas distintas ANPAS dos centros de ensino que hai no Concello, coa finalidade de recadar todas as peticións e necesidades dos mesmos. Coa información obtida os Socialistas confecionarán un dossier para entregalo tanto ó Delegado de Ensino, José Mouriz, como á Conselleira de Ensino, Laura Piñón. Cada ANPA recibirá unha copia dese dossier para que todos os centros teñan constancia das necesidades dos demais.


A finalidade do Grupo Socialista é facer de canle entre esta Consellaría da Xunta de Galicia e as reivindicacións e necesidades en materia educativa que ten o Municipio, para ver de xestionar mais inversións e mellorar a calidade educativa.


Declaraba Catalina García que “imos pór todo o noso empeño para que a Conselleira faga un sinal de compromiso cós nosos centros educativos e para que aumente no posible as inversións a realizar non só en 2009, se non de cara ós vindeiros catro ou cinco anos, pois é tanta a deixadez que padecen os nosos colexios, que non abondará cun ano para arranxar todas as problemáticas existentes”.


Asemade a Voceira socialista quere salientar o carácter electoralista das emendas do PP das que se falaba este pasado domingo nos medios de comunicación: “é incrible que despois de 16 anos de goberno na Xunta de Galicia, cun abandono total dos nosos centros de ensino o PP veña agora a ter unha xuntanza dunhas horas coas ANPAS, que presente un par de alegacións ós orzamentos da Xunta reclamando o que deixou de investir cando puido e gobernaban,e que pense que con iso está todo o traballo feito, nótase que as elecións están ás portas, o traballo faise día a día e ó longo do ano”.


O PSOE naronés solicitará ó longo desta semana unha entrevista coa Conselleira e co Delegado de Ensino para abordar esta temática e facer entrega do dossier ó que se fai referencia anteriormente, e agardan unha boa resposta de ámbolos dous, “a fin de contas e como nos trasladaron nalgún colexio José Mouriz xa visitou varios centros acompañado de técnicos para estudiar as necesidades e problemas existentes, cando ninguén tiña feito visita algunha en gobernos anteriores, ten recibido ás ANPAS e á responsable de ensino no Concello en varias ocasións, e ten amosado interese e preocupación dabondo polo que necesita o ensino do noso Concello”.
 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera