28 de setembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE NARÓN

 


Home / Histórico / Ano 2008 / Festa comarcal do PSdG-PSOE no Roxal o

Ano 2008

Festa comarcal do PSdG-PSOE no Roxal o 9 de agosto ás 14.00 h.

03/08/2008

 

FESTA COMARCAL DO PSdeG-PSOE DE FERROLTERRA

Mañá sábado día 9 de agosto ás 14:00 horas terá lugar a terceira Festa Comarcal do PSdeG-PSOE de Ferrolterra.
Esta xuntanza socialista celebrarase no lugar de O ROXAL no Concello de Neda, e estará organizado conxuntamente polas Agrupacións Locais de Neda e Narón.
 
A asistencia confirmada a día de hoxe alcanza os trescentos comensais entre os que estarán diversos cargos públicos do partido a nivel comarcal e galego.
 
Tanto Ángel Alvariño como Catalina García, máximos responsables de Neda e Narón respectivamente, afirman que “é un éxito o ter conseguido esta asistencia, pois non hai que esquecer que estamos en época de vacacións e moita militancia e cargos públicos se encontran de viaxe”. Asemade queren destacar que “nas festas, e non soamente no traballo, é onde se amosa a unidade, Ferrolterra vive unha situación política no que se refire ó noso partido inmellorable e envexable de unidade, solidez e de futuro, e a nosa militancia xunto cos simpatizantes son os piares nos que se sustenta esa forza”.

Narón, 8 de agosto de 2008
Asdo. Catalina García
Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Narón
        
O ROXAL-NEDA
  
DÍA:                  9 DE AGOSTO
HORA:              14:00 p.m.
PREZO:            10€ por persoa
MENÚ:
  • empanada
  • mexillóns
  • lacón asado con cachelos
  • proia con queixo fresco
  • requeixo con mel
  • viños, augas e refrescos
  • café
  • chupitos
ACTUACIÓN MUSICAL: a partir das 16:00 horas a cargo de "CHANEL"
Se roga difusión á militancia e simpatizantes, así como confirmación de asistencia antes do día 6 de agosto
Esperamosvos a tod@s.
             

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE , Rúa Cristóbal Colón, nº25 baixo 15570 Narón (A Coruña) Tfno./Fax: 981387609
E-mail: naron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera